Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/111-2, 5447 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Armilo e A Agolada.

Situación: Barreiros.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV a C.T. de Armilo en conductor LA-56 de 267 m de lonxitude sobre apoios de formigón. L.M.T. a 20 kV a C.T. da Agolada de 21 m de lonxitude en conductor LA-56. C.T. en Armilo de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. na Agolada de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. en conductor R.Z. de 2.345 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 13 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo