Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais Meirama-A-6, enlace de Culleredo. (Clave AC/98/61V204-1).

Aprobado tecnicamente por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do 12 de setembro de 2000, o estudio informativo: Meirama-A-6 (enlace de Culleredo. Clave: AC/98/61V204-1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación desde anuncio no BOE para que as persoas que o coiden oportuno poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial

de Estradas da Coruña as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, e nos concellos de Cerceda, A Laracha e Culleredo.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais do mencionado estudio informativo durante o prazo de vinte días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/ 1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 327/ 1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2000.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas