Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2000 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, para mantemento de vehículos do Parque Móbil da Xunta de Galicia, adscritos ós parques provinciais.

1. Obxecto: mantemento dos vehículos do Parque Móbil da Xunta de Galicia adscritos ós parques provinciais, dividido en catro lotes.

2. Orzamento: indefinido.

3. Garantía provisional: 725.000 pesetas (2.178,67 euros), se se licita ós catro lotes; 181.250 pesetas (1.089,33 euros) para cada lote.

4. Garantía definitiva: 1.450.000 pesetas (8.714,68 euros), no caso dun único adxudicatario; 362.500 pesetas (2.178,67 euros) por cada lote adxudicado.

5. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela, e no enderezo de Internet: http.//www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=68.

6. Plazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contado desde o seguinte á publicación deste anuncio.

6. Apertura de proposicións. En acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do terceiro día hábil, contado desde o seguinte ó remate do prazo para presenta-las ofertas.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública