Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.377

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (493/1999).

En Santiago de Compostela o 17 de marzo de 2000.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 493/1999, seguida por unha falta de ameazas (620), no que foron partes, como denunciante, Consuelo Vilaro Sanluis, con domicilio en r/ Nova de Abaixo, nº 26, de Santiago de Compostela e, como denunciadas, María del Carmen Beloso Martínez, Marta Vilaro Beloso e Eva Vilaro Beloso, todas elas con domicilio na rúa Cantor Manuel Ferrera, 1-3, porta 10, vivendas Maestro Gran Parajal, Fuerteventura (Las Palmas), pronunciou a seguinte sentencia:

Antecedentes de feito.

Único.-María del Carmen Beloso Martínez, no acto de xuízo oral, manifestou que os feitos son falsos.

Feitos probados.

Único.-Consuelo Vilaro Sanluis, o día 19 de outubro de 1999, formulou denuncia contra María del Carmen Beloso Martínez, Marta Vilaro Beloso e Eva Vilaro Beloso, na que se lles acusa de inxurias, coaccións e ameazas, feitos que non quedaron acreditados no acto de xuízo de faltas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Segundo doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (St. 18-4-1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal

a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular, exerzan a acción penal, pois só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, aplicando o disposto ó presente caso, ó non interporen acusación (en trámite de conclusións), ningunha das partes, sen que, vistas as circunstancias do caso proceda facer uso da facultade establecida no artigo 644 da L.A. Criminal, nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal, procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas deben ser declaradas de oficio, conforme os artigos 123 do Código Penal, e 239 e 240 da L.A. Criminal.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido que debo absolver e absolvo a Mª del Carmen Beloso Martínez, Marta Vilaro Beloso e Eva Vilaro Beloso, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación.-Foi dada, lida e publicada a anterior sentencia polo mesmo xuíz que a dictou, en audiencia pública en Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2000, do que eu, o secretario, dou fe.

O secretario

Rubricado