Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, pola que se anuncia a exposición do censo electoral para a elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 3º da Orde do 1 de setembro de 2000, pola que se regula o procedemento de elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, publicada no Diario Oficial

de Galicia número 183, do 20 de setembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Anuncia-la exposición do censo electoral cos artesáns, agrupados por provincia, ordenados alfabeticamente, e indicando o domicilio, DNI e número de inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, que poderán elixir democraticamente un vocal que os represente na Comisión Galega de Artesanía. O censo estará exposto durante dez días nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio e nos das correspondentes delegacións provinciais.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados desde que se inicie a exposición do censo, para formularen reclamacións ante a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas por calquera das formas sinaladas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2000.

José Manuel González González

Director xeral de Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas