Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.371

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 229/1994, do 30 de marzo, da Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo

número 02/0004697/1992, interposto por Laureano-Benito Calero Valverde, Ramón Claudino Sarmiento Acevedo y Manuel María Edmundo Nicolás Portoles Sanjuan, contra resolución da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 11 de xuño de 1992, sobre declaración de inadmisibilidade do recurso de alzada deducido contra outra da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 26 de novembro de 1991, pola que se aproba definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior da Palma, do concello de Baiona; dictouse a sentencia 229/1994, do 30 de marzo, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 229/1994, do 30 de marzo, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que debemos estimar e estimámo-lo o recurso contencioso-administrativo interposto por Laureano-Benito Calero Valverde, Ramón Claudino Sarmiento Acevedo e Manuel María Edmundo Nicolás Portoles Sanjuan contra a resolución da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 11 de xuño de 1992, pola que se declara inadmisible o recurso de alzada deducido contra outra da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 26 de novembro de 1991, pola que se aproba definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior da Palma, do concello de Baiona; declarámo-la nulidade de pleno dereito das referidas resolucións».

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda