Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.301

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de outubro de 2000 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Convocado proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000, publicada nos DOG número 114, do 13 de xuño de 2000 e modificada pola Orde do 14 de xullo de 2000 (DOG nº 146, do 28 de xullo), respectivamente, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

A composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia será a que a continuación se indica.

Tribunal:

Grupo B.

-Titular:

Presidente: Pablo Figueroa Dorrego, secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais:

Javier Gárate Castro, decano da facultade de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da EGAP.

María José Castro Carballal, xefa do Servicio de Administración e Persoal do Valedor do Pobo.

Luis Calviño Pueyo, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Álvaro Rodríguez Carballo, subdirector xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Suplente:

Presidente: José Manuel Maceiras Caldelas, inspector de servicios da Xunta de Galicia.

Vocais:

Pedro Ortego Gil, catedrático de Historia do Dereito da facultade de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da EGAP.

Mª José Echevarría Moreno, subdirectora xeral de informática e difusión estatística do Instituto Galego de Estatística.

Adela Marfany Oanes, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Natalia Cimadevila García, funcionaria da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública