Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.301

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A).

Por Resolución do 5 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 177, do 12 de setembro de 2000, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A) (corrección de erros no DOG do 27 de setembro de 2000).

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 5 de xuño de 2000, publicada no DOG nº 114, do 13 de xuño, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A).

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes

contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación definitiva de excluídos do proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos

de Administración xeral da Xunta de Galicia. Grupo A. Acceso libre

Apelidos e nomeDNIDisc.GalegoOpciónExclusión

Beloso González, Eugenia36.141.037Exento32

Bermúdez de Santiago, María Marta32.662.874Exento32

Calderón Rodríguez, María Noemi33.298.10210, 32

Diez Liebana, Restituto14.933.076Económica53

Fernández Castro, Jorge76.911.485SiEconómica20, 57

Fraga Cancela, Miguel Ángel32.654.55032

García Peñalver, Laura33.294.37410, 32

Gragera Rojas, María de la Paz09.191.935Xurídica34

López Quintas, Marta32.801.97432

López Vázquez, Jaime Luis33.329.670Xurídica10

Martínez Rodríguez, Antonio34.961.475SiXurídica20, 57

Moure Vázquez, María Enma33.320.924Económica20

Nieto D'Ochao, Guillermo Gonzalo32.799.273Xurídica10, 20, 53

Nogueira Naya, Rogelia32.749.804SiXurídica20, 57

Placer Rodríguez, Ana María32.761.56232

Polo Ulloa, Gabriel Alfonso02.471.382Económica10, 20

Pons Carreras, Gabriel Ángel07.229.258Xurídica10, 53

Portos Mouriño, José Antonio78.786.116Xurídica10, 20, 52, 53

Vega Andión, Óscar Miguel33.329.266Económica53

Veiga Alonso, Blanca María33.297.50732

(*) Inclúense neste punto os que ata o día da data acreditaran correctamente a documentación á que se refire a base II.1.1.c.

Causas de exclusión:

10: instancia fóra de prazo.

20: taxas baremo non aboadas ou aboadas fóra de prazo.

21: importe de taxas ingresadas inferior ó estipulado.

30: menos de dous anos no grupo inmediatamente inferior.

31: opta á quenda de discapacitados sen o 33% de discapacidade.

32: non opta por ningunha rama.

33: instancia sen asinar.

34: instancia non orixinal.

50: instancia incorrecta (emendas, riscaduras...).

52: non ter ou acreditar nacionalidade autorizada.

53: falta o DNI ou DNI incorrecto.

54: excluído por non ter ou acredita-la idade esixida.

55: non cumprir ou acreditar requisito de titulación.

56: non pertencer ó corpo escala correspondente.

57: certificado de discapacidade non presentado ou mal cotexado.