Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.301

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de outubro de 2000 pola que se convocan dous cursos de formación para o persoal da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na resolución citada anteriormente, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 13 de outubro de 2000, páxina 13.986, no anexo I, en relación co curso de Visual Basic 6.0, na alínea 2, onde di: «..., preferentemente funcionarios do grupo B e persoal...», debe dicir: «..., preferentemente funcionarios dos grupos B e C e persoal...».

Así mesmo, en relación co curso de redes de comunicación: Windows NT Server, na alínea 2, onde di: «..., preferentemente funcionarios dos grupos A e B e persoal...», debe dicir: «..., preferentemente funcionarios dos grupos A, B e C e persoal...».