Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de avaliación ambiental para o proxecto da nova instalación de tratamento e depuración de efluentes salinos mediante evapo-concentración, promovido por Sogarisa.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de avaliación ambiental para o proxecto da nova instalación de tratamento e depuración de efluentes salinos mediante evapoconcentración, promovido por Sogarisa.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello das Somozas.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contando a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental