Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Cenilesa Estudios Técnicos y Control, S.L., e para o laboratorio con domicilio no polígono das Areeiras, s/n 27297-Lugo.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/ 1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións

reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Concederlle a acreditación, e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción, a Cenilesa Estudios Técnicos y Control, S.L. e para o laboratorio con domicilio no polígono das Areeiras, s/n. 27297-Lugo, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

-SE, área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo, co número 15063SE00.

-ST, área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15064ST00.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo