Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Poio de Autoturismos.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Poio de Autoturismos, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: autopatróns de autoturismos.

Asinan a acta de constitución: Gonzalo Piñeiro Graña e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 22 de setembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra