Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.254

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 4 de outubro de 2000 pola que se convocan cursos en colaboración coa Universidade da Coruña.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 200, do luns, 16 de outubro de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 14.078 no punto 2, referente ós destinatarios do curso de técnicas de redacción de informes, propostas e resolucións, onde di: «Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Universidade da Coruña e da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo...», debe dicir: «Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I, II da Universidade da Coruña e da Xunta de Galicia e xefes de sección da Universidade da Coruña, que no desempeño do seu posto de traballo...».

Na páxina 14.079, no pé do anexo, onde di: «Director da Escola Galega de Administración Pública», debe dicir: «Rector da Universidade da Coruña».