Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.254

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, lista B.

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 10 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 139, do 18 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; ela

boradas as citadas listas pola comisión permanente de selección para postos reservados a funcionarios e relativas ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, lista B.

Efectuada proposta pola citada comisión en sesión do 6 de outubro de 2000, unha vez elevada esta e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, lista B.

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B) estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia dos listados provisionais, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante de aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo B: 6.580 ptas.

Os que non o fixesen no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición no corpo correspondente os que foron admitidos no último proceso selectivo para o ingreso ó mesmo corpo, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de xullo de 2000.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública