Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000 sobre homologación dos cursos para guías turísticos sobre patrimonio natural e sobre patrimonio cultural, organizados pola Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira da Orde do 26 de marzo de 1998 pola que se regula a profesión de guía de turismo especializado de Galicia, esta dirección xeral resolve homologa-los cursos patrimonio natural e patrimonio cultural, organizados pola Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, para os efectos establecidos no artigo 4º da referida orde.

Estes cursos terán 21 horas de duración, entre os días 24 e 26 de outubro para o curso sobre patrimonio natural, e desenvolverase na cidade de Ourense, e entre os días 17 e 19 de outubro para o curso sobre patrimonio cultural, e desenvolverase na cidade de Santiago de Compostela.

Informarán ós interesados de tódolos aspectos referidos a estes cursos o Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación da Dirección Xeral de Turismo, así como a Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Ourense para o curso sobre patrimonio natural.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2000.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo