Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.247

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 623/2000, interposto por Frigoríficos Bandeira, Sociedad Limitada.

Para dar cumprimento ó solicitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, en relación co recurso número 623/2000, interposto por Frigoríficos Bandeira, Sociedad Limitada, contra acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de abril de 2000, sobre sanción (expediente de referencia C18/1999), esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito xulgado.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento co fin de que poidan comparecer e constituírse en parte nos mentados autos no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, no prazo de nove días contados desde a publicación da presente resolución no Diario Ofi-

cial de Galicia, segundo dispón o artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2000.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública