Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.247

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de outubro de 2000 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Monforte de Lemos.

O Concello de Monforte de Lemos, provincia de Lugo, en sesión ordinaria do pleno celebrada o día 1 de setembro de 2000, adoptou o acordo relativo á creación do posto de colaboración de adxunto á intervención, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, propoñendo a súa clasificación en clase primeira, categoría de entrada.

O artigo 2 g) do citado Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e serán clasificados a proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2 g) e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e en uso da atribución do artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

O posto de traballo de adxunto á Intervención do Concello de Monforte de Lemos, provincia de Lugo, clasifícase en clase primeira (1ª), reservándose a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de intervención-tesourería, categoría de entrada.

Contra a presente orde que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou se poderá impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública