Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.240

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 9 de outubro de 2000 polo que se fai público o acordo de nomeamento de secretarías en réxime de provisión temporal de diversos órganos xudiciais de Galicia (número un de Betanzos e número tres de Vilagarcía de Arousa).

En cumprimento do acordo no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 5 de outubro de 2000-Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretario de Provisión Temporal. Excmo. Sr. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza. A Coruña. Confírmase o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 22-9-2000, polo cal se nomean secretarios en réxime de provisión temporal. Esta xerencia

territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia da Coruña

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, Rosa María Fernández Paredes.

Provincia de Pontevedra

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Vilagarcía de Arousa, José Ignacio Rodríguez Iriarte.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. P.A. Amalia Iglesias Guitián. Rubricado. Hai un carimbo da xerencia territorial.

Así mesmo faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno, con data do 22-9-2000, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, pregándolle que envíe a esta presidencia un exemplar no que se realice aquela, para a debida constancia no expediente.

A Coruña, 9 de outubro de 2000.

Gonzalo de la Huerga Fidalgo

Presidente en funcións