Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.239

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

SELECCIÓN de persoal.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, anuncia a convocatoria pública dos seguintes

postos para a contratación indefinida do seu cadro de persoal, de acordo coas seguintes bases:

-7 médicos coordinadores. Ref.: MC.

Licenciado en medicina e cirurxía, formación vía MIR, preferentemente medicina de familia e comunitaria, UCI, anestesia e reanimación.

Experiencia en urxencias hospitalarias e/ou extrahospitalarias.

Coñecementos de galego.

Valorarase experiencia acreditada en centrais de coordinación de urxencias sanitarias de ámbito xeográfico de Comunidade Autónoma.

-38 médicos asistenciais. Ref.: MA.

Licenciado en medicina e cirurxía, formación vía MIR, preferentemente medicina de familia e comunitaria, UCI, anestesia e reanimación.

Experiencia en urxencias hospitalarias e/ou extrahospitalarias.

Cursos RCP avanzada en adultos e nenos.

Coñecementos de galego.

-39 ATS/DUE. Ref.: DUE.

Diplomados ATS/DUE con experiencia en urxencias hospitalarias e/ou extrahospitalarias.

Cursos de RCP avanzada en adultos e nenos.

Coñecementos de galego.

-1 titulado superior rama tecnolóxica. Ref.: TC.

Coñecementos de bases de datos SQL Server, tecnoloxías Internet/Intranet (HTML, ASP) e programación en Visual Basic.

Experiencia en elaboración de especificacións e documentación e en ferramentas de presentación de informes Access, Excel.

Experiencia acreditada de polo menos 1 ano en posto similar, preferiblemente no sector sanitario público.

Coñecemento dos idiomas inglés e galego.

-2 licenciados en CC. económicas e/ou empresariais.

Ref.: CTB.

Dominio do programa de contabilidade Novaplus de CCS.

Coñecemento do PXC adaptado ás entidades sen fins lucrativos.

Experiencia mínima acreditada a 3 anos no sector sanitario, preferiblemente público, polo menos un deles en posto similar ó ofertado.

Dominio de Microsoft Office a nivel usuario e coñecementos de galego.

Ref.: RD.

Coñecemento de ferramentas de presentación de informes Access, Excel.

Experiencia mínima acreditada de 3 anos no sector sanitario, preferiblemente público e experiencia en departamento de facturación.

Coñecementos do sector asegurador e do transporte sanitario urxente.

Dominio de Microsoft Office a nivel usuario e coñecementos de galego.

-1 licenciado en CC. da información. Ref.: CI.

Experiencia en manexo de programas Word, Excel e Power Point.

Experiencia en programas de maquetación Illustrator, Freehand, QuarkXPress e Photoshop.

Experiencia acreditada de polo menos 1 ano en posto similar, en sector sanitario preferiblemente público.

Coñecementos de inglés e galego.

-1 diplomado en relacións laborais/graduado social. Ref.: RL.

Experiencia en manexo de programas de nóminas e RR.HH.

Experiencia mínima acreditada de 3 anos en posto similar ó ofertado, polo menos un deles no sector sanitario, preferiblemente público.

Dominio de Microsoft Office a nivel usuario.

Coñecementos de galego.

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a referencia que se indique segundo o posto, dirixido ó apartado de correos nº 5.195 Vigo-36200, antes do 17 de novembro de 2000. Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos, e do título mínimo esixido para cada convocatoria.

Inicio das probas:

O exame teórico/práctico non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Os baremos estarán a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios da fundación e tamén poderán solicitarse no fax: 981 54 67 28.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais da

Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061