Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.240

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DA U.E. Nº 33 O GRAXAL EN SEIXO-LIÁNS OLEIROS (A CORUÑA)

ANUNCIO.

A Xunta de Compensación da U.E. nº 33 O Graxal en Seixo-Liáns Oleiros (A Coruña), na sesión de asemblea xeral do 26 de setembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación da U.E. nº 33 en Seixo-Liáns-Oleiros.

Procédese á exposición pública do proxecto polo prazo de 20 días, que computará desde a data desta publicación, na sede social da xunta de compensación na Coruña, Paseo Marítimo nº 9 baixo, das 9 ás 14 e das 16 ás 19 horas de luns a venres, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se xulguen pertinentes.

A Coruña, 5 de outubro de 2000.

Xoán Antón Pérez-Lema López

Secretario da Xunta de Compensación da U.E.

nº 33 O Graxal