Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Por así telo acordado a Comisión de Goberno deste concello, na sesión que tivo lugar o día 22 de setembro de 2000, e co obxecto de lle dar cumprimento ó disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Anúnciase concurso, por procedemento aberto, e polo trámite de urxencia, para adxudica-la obra denominada: edificio para recinto multiusos e mercado de Arzúa: estructura, cubrición e cerramentos 1ª fase.

Obxecto do contrato: a contratación da referida fase da devandita obra, por un orzamento de execución por contrata de 50.000.000 de pesetas, utilizando para iso o prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, que rexerá para a contratación de obras mediante concurso, con procedemento aberto, aprobado pola Comisión de Goberno na sesión do día 22 de setembro de 2000 (que se publicou no BOP nº 198 con data do 29 de agosto de 2000), o cal se considerará como parte íntegra do expediente e do contrato que se formalice.

Duración do contrato: a fase obxecto de contratación deberá estar executada antes do día 30 de novembro de 2000, e débense inicia-las obras a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Tipo de licitación: 50.000.000 de pesetas, IVE incluído; (é de 178.000.000 de pesetas o importe do orzamento de execución por contrata do proxecto técnico, do que se fraccionou a fase que agora se pretende contratar).

Revisión de prezos: atendendo á natureza desta obra, non procederá en ningún caso a revisión de prezos do contrato e, polo tanto, non se aplicará fórmula ningunha de revisión de prezos.

Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación verificarase contra certificación de obra, xunto coa súa relación valorada- expedida polo técnico director das obras, logo da súa aprobación pola Comisión de Goberno do concello; e farase efectivo con cargo á partida 622.C2.622.00, denominada: mercado municipal.-Obras de edificación e instalación, do capítulo VI, investimentos reais, do estado de gastos do orzamento municipal deste exercicio.

Publicidade do prego: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, pódese obter copia.

Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación (1.000.000 de pesetas), e débese achegarse por separado e fóra dos respectivos sobres o documento acreditativo de tela constituído.

Garantía definitiva: será requisito previo e necesario para a formalización do contrato, e consistirá no 4% do prezo de adxudicación.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio (modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro).

Solvencia técnica: acreditarase mediante a relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, coa achega de certificados de boa execución para as máis importantes.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, durante os trece días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, das nove ás trece horas, e nos tres sobres cerrados a que se refire a cláusula 14 do referido prego-tipo, conforme proceda.

Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións da casa do concello, ás trece horas do seguinte día hábil a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións, ante a mesa de contratación, que previamente cualificará a documentación presentada.

Criterios para a adxudicación do concurso: serán os seguintes:

a) Oferta de control interno de calidade: ata 5 puntos.

b) Redución de prazos na execución da obra: ata 4 puntos.

c) Oferta económica: ata 1 punto.

Modelo de proposición económica: o recollido na cláusula 14 do referido prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, para a súa inclusión dentro do sobre A.

Arzúa, 25 de setembro de 2000.

Manuel Moscoso López

Alcalde