Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Turismo Rural e Ocio da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron

depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Turismo Rural e Ocio da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: comarcal.

Profesional: promover e apoia-los asociados, propietarios ou representantes de aloxamentos de turismo rural e outras empresas vinculadas ó sector.

Asinan a acta de constitución: Virginia Porta Rodríguez, e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 20 de setembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra