Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Bueu. Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto: consultoría e asistencia técnica para a redacción íntegra do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Bueu. Prazo de execución: segundo os prazos establecidos nos pregos en atención á subvención que cofinancia o contrato.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 17.297.840 ptas.

5. Garantías: provisional: non exisible. Definitiva: 4% do prezo de remate. Complementaria: 6% do anterior.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu, Eduardo Vicenti 10, CP 36930 Bueu. Pontevedra. Teléfono; 986 39 00 29. Telefax: 986 32 20 99, en horario de oficina. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións particulares: non se require clasificación.

8. Presentación de proposicións: durante os 8 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), en horario de oficina (das 8 ás 14 horas, de luns a venres, e o sábado das 9.30 ás 13 horas) no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na claúsula 9 do prego.

9. As proposicións constarán de tres sobres pechados: A, B, C, denominados: de documentación xeral, proposición económica e documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 9 dos pregos de condicións.

10. Admisión de variantes: exclusivamente as sinaladas no prego de condicións.

11. Apertura das ofertas ás 13 horas do 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considérase inhábil).

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Bueu, 6 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado