Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se autorizan modificacións nun criadoiro situado nas Mariñas-Mougás, concello de Oia (Pontevedra), titularidade de Insuiña, S.L.

Visto o expediente instruído para efectos de modificación dun criadoiro, apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito do 7-10-1998, Enrique de Llano Monelos (DNI 32.369.857), en representación de Insuiña, S.L., solicita autorización para modificación do criadorio de peixes situado en Oia, do que é titular.

Segundo.-O interesado presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de expedientes.

Terceiro.-No expediente figura a seguinte documentación.

-Licencia urbanística do Concello de Oia.

-Autorización da Consellería de Medio Ambiente.

-Informe técnico-biolóxico.

-Informe técnico-xurídico.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Delegación Territorial de Vigo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar no criadoiro outorgado por Orde do 24-4-1982 (BOE nº 142), situado no lugar das Mariñas-Mougás, concello de Oia (Pontevedra), titularidade de Insuiña, S.L. (CIF B36021954), as modificacións que se indican:

Primeira.-Reducción da superficie ocupada polo criadoiro en 1.661 m, modificándose a capacidade anual das seguintes especies:

Rodaballo: 300.000 alevíns.

Dourada: 6.000.000 de alevíns.

Robaliza: 1.000.000 de alevíns.

Segunda.-Ampliación da actividade de criadoiro, outorgando permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha unidade de granxa mariña nunha superficie de 9.161 m.

Especies: Rodaballo (Psetta maxima).

Capacidade anual: 500 tn.

Remate da vixencia: 20-4-2002.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: as obras e instalacións levaranse a cabo de acordo co proxecto presentado denominado proxecto de nursery e engorda de rodaballo, robaliza e dourada en Sta. María de Oia-Mougás (Pontevedra), obra do enxeñeiro técnico industrial José M. Fouces Díaz, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros o 13 de novembro de 1998. Poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de dous anos, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Segunda: a execución das obras e instalacións farase de acordo co disposto no artigo 5 da Orde do 27 de marzo de 2000 pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Terceira: rematadas as obras, o titular deberá comunicar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Recursos Mariños, a data de posta en funcionamento,

que terá lugar no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ó da aprobación do recoñecemento final. O citado prazo poderá ser prorrogado, logo de petición do interesado, sempre que existan razóns que xustifiquen a demora no inicio da explotación.

Cuarta: se transcorrido o prazo sinalado para a posta en funcionamiento esta non se realizase por causas non xustificadas, a consellería poderá inicia-los trámites para a declaración da caducidade do permiso de actividade.

Quinta: o establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Sexta: a presente autorización non implica modificación da ocupación de dominio público autorizada na orde inicial de outorgamento do permiso de actividade do criadoiro.

Sétima: o permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Oitava: o outorgamento desta autorización non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das características do establecemento.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contenciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

P.O. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños