Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación do deseño e difusión dunha campaña promocional do consumo de conservas de peixes e mariscos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: deseño e difusión dunha campaña promocional do consumo de conservas de peixes e mariscos.

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó do asinamento do contrato e ata o 30 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e oito millóns cincocentas mil pesetas (38.500.000 ptas.)(231.389,66 euros).

5. Garantías.

Provisional: 770.000 ptas. (4.627,79 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 63 04); ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo de Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=61.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que se presentará: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9 horas do día 7 de novembro de 2000.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2000.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras

Pesqueiras e Mercados