Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de outubro de 2000 pola que se clasifica como benéfico-docente a Fundación Ronsel.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Ronsel, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. A fundación, en escrito do 3 de agosto de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día dezaoito de xullo de 2000, ante o notario Pablo Valencia Ces, co número dous mil seis do seu protocolo por Luis García Rodríguez, Manuela Deber Méndez, José Antonio Fernández Gorín, Luis García Deber e Rafael Vázquez Cobas, interveñen no seu propio nome e dereito e Luis García Rodríguez, ademais, en nome e representación de Margarita Borreguero Villanueva e María Teresa Castro López.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é o desenvolvemento e fomento económico galego, e en particular a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial.

4. O padroado da fundación estará composto por Luis García Rodríguez como presidente, Luis García Deber como vicepresidente, María Teresa Castro López como secretario, Rafael Vázquez Cobas como tesoureiro e Margarita Borreguero Villanueva como vocal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-docente da Fundación Ronsel, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico docente e a súa adscrición á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 27 de setembro de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-docente a Fundación Ronsel e adscribila á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública