Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.158

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 15 de setembro de 2000 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., (Turgalicia) anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A) Posto: adxunto Área de Feiras (REF. AF-TUR).

1. Funcións principais: baixo a supervisión do xefe da área, desenvolverá labores relativos á participación en feiras nacionais e internacionais de turismo, presentacións da oferta, etc. así como a organización da documentación xerada pola área.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Coñecemento específico sobre recursos turísticos de Galicia.

-Dominio de inglés, francés e galego.

-Dominio de Word, Excel e Access 2000.

4. Valorarase:

-Coñecemento de outros idiomas.

-Currículum vitae.

-Dotes de organización.

5. Probas que hai que realizar:

-Proba oral e escrita de inglés, francés e galego.

-Proba de informática (Word, Excel, Access 2000).

-Proba de coñecementos específicos (anexo I).

-Entrevista persoal.

B) Documentación que hai que presentar:

-Solicitude, indicando no sobre a referencia, dirixida ó xefe de área económica e de persoal de Turgalicia (estrada Santiago de Compostela-Noia, Km. 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

C) Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

D) Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO I

Adxunto área de apoio á comercialización

1. O folclore: música e traxes típicos. Romarías e festas populares. Feiras. Crenzas.

2. A gastronomía. Os viños. Principais aspectos da cociña e da viticultura de Galicia. Festas gastronómicas.

3. Áreas naturais no litoral: rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.

4. Áreas naturais de interior: as montañas, os vales fluviais, os bosques e lagoas.

5. Costa norte e Rías Altas. Especial significación da Costa da Morte.

6. As Rías Baixas.

7. A Galicia interior.

8. Arquitectura relixiosa en Galicia. Estilos arquitectónicos.

9. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.

10. Historia de Galicia. Principais fitos históricos.

11. Infraestructura turística. Turismo rural, interior e costa.

12. Infraestructura turística. Turismo de negocios e termal.

13. Rutas turísticas. Amplo coñecemento do Camiño.