Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle e delimitación da unidade de xestión número 17 (UX-17) do Plan Xeral de Ordenación Urbana-Igrexa de Vidán.

O Pleno do Concello, na sesión do 22 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de xestión número 17 (UX-17) do Plan Xeral de Ordenación Urbana-Igrexa de Vidán, presentado por Graíñas, S.L.

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión do 7 de agosto de 2000, aprobou definitivamente a delimitación da citada unidade, promovida por Contrafolla e Rella, S.L.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno ou a Comisión de Goberno do Concello, segundo corresponde, no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde