Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000 pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e tramitación urxente, as obras: rampla de minusválidos e obras varias no CEIP San Pedro de Visma e outra.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: rampla de minusválidos e obras varias no CEIP S. Pedro de Visma.

b) Lugar de execución: A Coruña

c) Prazo de execución: dous meses.

d) Importe total: 10.104.573 ptas.

2.2. a) Descrición do obxecto: cerramento exterior IES Agra de Raices.

b) Lugar de execución: Cee.

c) Prazo de execución: dous meses.

d) Importe total: 7.204.692 ptas.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente

b) Procedemento: poxa

c) Forma: aberta

3. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: Praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52

e) Fax: 981 18 47 85

4. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG. Se este cae en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: Praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

5. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: Praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña

d) Data: ó quinto día hábil contado desde ó remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cae en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de outubro de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, DOG do 19)

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña