Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de setembro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00551-O-2000 e outro máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación ós, denunciados/as, e domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña, 20 de setembro de 2000.

Gonzalo López González

Instructor, xefe do Servicio Provincial

de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00551-O-2000

LU-4185-M

G.C. de Tráfico

Pesquera Boteira, S.L.

Martín, s/n

15000 Ribeira (A Coruña)

Circular cun camión transportando peixe fresco desde Camariñas a Ribeira, carecendo de tarxeta de transporte.

31-3-2000; 00.45; C-550; 40,100.

Artigo 199.b) do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.5.000 ptas.
XC-01709-O-1999

C-2251-BM

G.C. de Tráfico

Sdad. Asturiana Protec. Medio

Ambiente, S.A.

Areosas-Queixas, s/n

15185 Cerceda (A Coruña)

Facer un transporte público de lixo do concello de Vigo ata a planta de Cerceda carecendo de autorización para facer este transporte.

16-8-1999; 11.35; N-550; 34.

Artigo 199.b) do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.5.000 ptas.