Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.136

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de setembro de 2000 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para a educación infantil e se autoriza o uso de libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regula a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto establece como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e define as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten

ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso nos centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na citada Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Grupo Anaya, S.A.:-Proxecto editorial «Sete Cores» para o 2º ciclo de educación infantil.

Editorial Luis Vives:-Proxecto editorial «Infantil Tambre» para o 2º ciclo de educación infantil.

SM:-Proxecto editorial «Piruetas-Viravoltas» para o 2º ciclo de educacióon infantil.

Proxecto editorial «Tris-Tras» para o 2º ciclo de educación infantil.