Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.135

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de setembro de 2000 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para a educación primaria e se autoriza o uso de libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regula a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto establece como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e define as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso nos centros docentes públicos e pri

vados da Comunidade Autónoma dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na citada Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Alhambra Longman, S.A.:-Proxecto editorial «Música» da área educación artística: música para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.

Casals, S.A.:-Proxecto editorial «Proxecto Colibrí» da área de matemáticas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Proxecto Colibrí» da área de lingua galega e literatura para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Proxecto Colibrí« da área de lingua castela e literatura para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Proxecto Colibrí» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Proxecto Colibrí: música» da área de educación artística para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.

Everest Galicia:-Proxecto editorial «Coñecemento do Medio» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas» da área de matematicas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Lingua Galega» da área de lingua galega e literatura para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.

Heinemann:-Proxecto editorial «Super Bus 1&2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Wonderworld» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Super Bus 3&4» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Obradoiro, S.A.:-Proxecto editorial «Good Times 3&4» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

EditorialProxecto

-Proxecto editorial »Super Starlight» da área de lingua estranxeira: inglés para o ciclo 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Educación Artística» da área de educación artística para o 1º ciclo de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas» da área de matemáticas para o 1º ciclo de educación primaria.
-Proxecto editorial «Lengua Española» da área de lingua castelá e literatura para o 1º ciclo de educación primaria.
-Proxecto editorial «Coñecemento do Medio» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo de educación primaria.

Richmond Pub.,

Grupo Santillana:

-Proxecto editorial «Super Starlight 3&4» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Edicións del Serbal:-Proxecto editorial «Música 1, Música 2» da área de educación artística para o 1º e 2º ciclos de educación primaria.

SM:-Proxecto editorial «Taller de Música» da área de educación artística para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Papelo» da área de lingua galega e literatura para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Papelo» da área de matemáticas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Papelo» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Taller de Música» da área de educación artística para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.

Vicens-Vives, S.A.:-Proxecto editorial «Medio» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.