Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.104

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 242/2000, do 13 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 538/1995, do 7 de abril, establece o título de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo

en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxec

tivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, regulado polo Real decreto 538/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste

ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: anatomía patolóxica e citoloxía.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realizar, ó seu nivel, necropsias; procesar biopsias e realiza-lo estudio citolóxico de mostras clínicas, interpretar e valida-los seus resultados técnicos para que sirvan como soporte ó diagnóstico clínico ou médico-legal, organizar e programa-lo traballo e cumpri-los criterios de calidade do servicio e de optimización de recursos, baixo a supervisión correspondente.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Realizar necropsias, baixo a supervisión do facultativo, obtendo mostras biópsicas identificadas, e recompor posteriormente o cadáver.

* Procesar pezas biópsicas, obtendo preparacións microscópicas coa calidade suficiente para que se poida realiza-lo diagnóstico anatomopatolóxico.

* Realiza-la selección diagnóstica de citoloxías, baixo a supervisión do facultativo, descartando as que presenten patróns de normalidade clínica e aproximando o diagnóstico das que presenten alteracións morfolóxicas.

* Rexistrar fotograficamente as pezas macroscópicas e preparacións microscópicas.

* Realizar ó seu nivel a xestión da unidade, xestionando o ficheiro de pacientes, a adquisición, almacenaxe, reposición e mantemento do instrumental e material, e obtendo os informes técnicos e resumos necesarios de actividades.

* Valora-la interrelación das persoas coa saúde/enfermidade e os seus aspectos preventivos, asistenciais e rehabilitadores.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Previ-los riscos laborais, aplicando medidas de hixiene e de protección, tanto persoais como das instalacións.

* Responder ante as continxencias, achegando solucións e resolvendo os problemas xurdidos na realización do traballo.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Organizar e/ou programar, ó seu nivel, o traballo da unidade; adapta-los procedementos; producir información ou instruccións, e prever, asignar ou distribuír tarefas, recursos e materiais.

* Posuír unha visión global e integrada do sistema sanitario nos seus aspectos organizativos, funcionais, sociais e administrativos.

* Colaborar cos membros do equipo de traballo no que está integrado; asumi-las súas responsabilidades, cumpri-los obxectivos asignados e mante-lo fluxo de información adecuado.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia de innovacións tecnolóxicas e organizativas introducidas na súa área laboral.

* Participar na posta a punto de novas técnicas, en proxectos de investigación e en programas formativos, ademais de propor medidas relacionadas coa eficiencia e a seguridade.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos e/ou profesionais de nivel superior ó seu, requiriránselle, nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Organización administrativa e funcional, no seu ámbito de competencia, da unidade de anatomía patolóxica/citoloxía e da sala de necropsias.

* Participación na programación e xestión dos recursos materiais da unidade de anatomía patolóxica/citoloxía e da sala de necropsias.

* Mantemento preventivo e conservación dos equipos ó seu cargo.

* Preparación de material, instrumental e documentación para as necropsias.

* Recepción, identificación, distribución e preparación de mostras.

* Procesamento de frotis e biopsias e control de calidade das preparacións obtidas, tanto citolóxicas como anatomopatolóxicas.

* Selección e aproximación diagnóstica de citoloxías.

* Rexistro fotográfico ou videográfico dos resultados.

2.4. Unidades de competencia:

2.4.1. Organizar e xestionar, ó seu nivel, a área de traballo asignada na unidade/gabinete.

2.4.2. Realizar necropsias clínicas ou médico-legais baixo a supervisión do facultativo.

2.4.3. Procesa-las pezas necrópsicas, cirúrxicas e biopsias clínicas, deixándoas listas para o seu estudio polo anatomopatólogo.

2.4.4. Realiza-la selección e aproximación diagnóstica de citoloxías, baixo a supervisión do facultativo.

2.4.5. Realiza-lo rexistro fotográfico das pezas e preparacións a nivel macroscópico, microscópico e ultramicroscópico.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar, ó seu nivel, a área de traballo asignada na unidade/gabinete:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Organizar, desenvolver e xestionar un ficheiro de pacientes ou clientes, tendo en conta as diferentes necesidades de atención e nivel de documentación que se manexa.* Creouse unha base de datos con capacidade para conter toda a información sobre pacientes e clientes xerada no servicio, unidade ou gabinete.

* Rexistráronse os datos de filiación e datos clínicos do paciente ou cliente e datos da entidade responsable da prestación, na forma, modo e lugar establecidos nas normas internas, ademais de verificarse que os datos rexistrados corresponden ó paciente ou cliente.

* Informouse correctamente o paciente sobre lugar, data, horario e preparación previa requirida, seguindo as pautas marcadas e o plan de tratamento.
* Comunicáronselle ó paciente ou cliente as modificacións que xurdiran sobre a data e hora da cita coa antelación suficiente.
* O paciente ou cliente acudiu á unidade ou ó servicio o día e hora fixados na cita previa e recibiu un trato correcto e cordial.

1.2.Xestiona-lo plan de mantemento dos equipos e maquinaria do servicio, unidade ou gabinete.* Estableceuse o plan de mantemento dos equipos e maquinaria, confeccionándose unha ficha na que figuran as datas de revisión, elementos que hai que substituír e persoas encargadas dela.
* As revisións dos equipos e maquinaria axustáronse ós prazos previstos, atopándose potencialmente os equipos en estado operativo no momento de ser requiridos.

1.3.Planificar e xestiona-lo almacenamento, reposición e adquisición, no seu ámbito de competencia, do instrumental e material utilizado na unidade, servicio ou gabinete.* Comprobouse que o nivel de existencias dos materiais é o adecuado para cubrir en todo momento as necesidades do servicio, unidade ou gabinete e, en caso contrario, formulouse o pedido correspondente.

* Comprobouse que o material recibido coincide co solicitado, tanto en cantidade como en calidade.

* Distribuíuse o material necesario para o funcionamento das distintas áreas de traballo, segundo as necesidades propias de cada unha delas.

1.4.Crear, desenvolver e manter boas relacións con pacientes ou clientes reais ou potenciais.* Os pacientes ou clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés, na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, promovendo as futuras relacións.

* Comunicóuselles ós pacientes e clientes calquera modificación ou innovación do servicio, unidade ou gabinete que poida ser do seu interese.

1.5.Obte-los informes e resumos de actividades mediante o tratamento da información da base de datos.* A emisión de informes realízase dentro do tempo establecido nos protocolos, dependendo da solicitude e da área de traballo, e contén tódolos items establecidos.
* Os datos xerados foron correctamente introducidos nas bases informáticas, cos criterios e periodicidade establecidos e logo de confirmación deles.
* Efectuáronse adecuadamente as operacións e/ou cálculos estatísticos que permiten elabora-los resumos de actividades do servicio, unidade ou gabinete, expresando os resultados nas súas medidas adecuadas.

1.6.Interpretar información científico-técnica (procesos de análise, de calidade, manuais de procedementos e equipos) e adaptar procedementos, producindo información oral ou escrita que permita a execución da actividade cos niveis de calidade establecidos, optimizando os recursos asignados.* A información ou instruccións escritas son claras, precisas e adaptadas ós medios da unidade.

* A información producida, concreta, nun caso:-Técnica que se debe empregar.-Equipos e instrumentos que interveñen.-Secuencia e operacións precisas.-Parámetros que cómpre controlar.-Material auxiliar.-Necesidade de calibracións.

RealizaciónsCriterios de realización

1.7.Programa-lo traballo da unidade ou gabinete prevendo, asignando ou distribuíndo tarefas, equipos, recursos e/ou tempos de execución, no seu ámbito de competencia.* Nun caso práctico, a programación permite cumprir cos prazos de entrega ou satisface-las necesidades de asistencia.

* A programación asigna eficazmente e optimiza os recursos.

* A programación ten en conta as características de aprovisionamento e permite preve-las súas necesidades.

* A programación integra tódalas fases e os obxectivos e conxuga adecuadamente as necesidades e a situación operativa de medios, recursos humanos e materiais.

Dominio profesional

-Equipos e instrumental.

Instrumental de necropsias. Dispensadores e contedores de parafina. Equipos de inclusión en parafina ou impregnación en resina poliéster. Microtomos. Microscopios. Citocentrífugas. Equipos de tinguidura. Equipos de rexistro e revelado de fotografías. Equipos e instrumental videomicroscópicos.

-Tipos de mostras.

Pezas cirúrxicas en fresco, pezas de biopsias, pezas intraoperatorias, frotis citolóxicos, líquidos biolóxicos, exsudados. Mostras de autopsias.

-Tratamento da información.

Redes informáticas locais. Ordenadores e programas de aplicación informáticos. Dictáfonos. Libros de rexistro. Arquivadores. Ficheiros e fichas de mostras histopatolóxicas, citolóxicas ou ultraestructurais, de bloques de inclusión para microscopio óptico ou electrónico, de preparacións histopatolóxicas, citolóxicas ou ultraestructurais, de macrofotografías de pezas cirúrxicas ou de necropsia, de microfotografías, de negativos, de positivos ou de diapositivas, de informes diagnósticos, de autopsias clínicas ou médico-legais, de reactivos, de material e instrumental, de equipos, de protocolos técnicos e de persoal.

-Productos e/ou servicios.

Pedidos de equipos, material e/ou reactivos. Listaxes de traballo. Informes anatomopatolóxicos ou citolóxicos. Resumo de actividades.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos normalizados de recepción e aceptación de peticións e de mostras anatomopatolóxicas e citolóxicas.

-Información.

Normas de seguridade e normas para o control da calidade. Solicitudes de necropsia, de pezas ou citolóxicas. Protocolos de xestión da unidade. Plan de mantemento dos equipos. Albarás de material. Historia clínica.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Persoal técnico das diferentes áreas do laboratorio. Provedores. Subministracións centrais. Servicios técnicos dos equipos. Facultativos responsables. Servicios clínicos. Paciente/cliente.

2.5.2. Unidade de competencia 2: realizar necropsias clínicas ou médico-legais baixo a supervisión do facultativo:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Identificar e rexistra-los datos do cadáver, segundo os protocolos previamente establecidos.* Ó recibi-lo cadáver comprobouse que se xuntan tódolos documentos necesarios que permiten a necropsia:-Datos de identificación do cadáver.
-Solicitude de necropsia emitida polo médico responsable.
-Historia clínica ou resumo dela.
-Autorización de necropsia asinada polos familiares.
-Autorización, se é o caso, de apertura cranial asinada polos familiares.
-Autorización e/ou orde xudicial.
* A recepción e aceptación do cadáver foi rexistrada no ficheiro xeral do servicio.
* Foille asignado o código habitual no servicio a toda a documentación, incluído o informe final, a tódalas pezas da necropsia e ós seus resultados.

2.2.Realiza-la necropsia clínica, seguindo os protocolos preestablecidos e as indicacións do patólogo ou forense.* O instrumental preparado é idóneo para o tipo de necropsia que se vai realizar.

* O cadáver foi preparado e colocado na posición adecuada na mesa de necropsia.

* Realizouse a necropsia seguindo as indicacións do anatomopatólogo/forense e os protocolos establecidos para o efecto.

* Identificáronse os órganos recollidos, colocáronse nos recipientes adecuados e transportáronse á sala de estudio macroscópico.
* As incidencias e os descubrimentos obtidos durante a necropsia quedaron rexistrados por escrito ou en banda magnética.
* Realizouse a recomposición do cadáver, ó finaliza-la necropsia, e déronse as ordes oportunas para o seu traslado ó tanatorio.
* Limpáronse e desinfectáronse os materiais non rexeitables utilizados en determinados procesos, tralo seu uso, segundo protocolos técnicos de desinfección. Posteriormente, ordenáronse no seu lugar correspondente, en función das normas da sala de necropsias.
* Colocáronse nos contedores correspondentes tódolos materiais rexeitables e productos de refugallo, e elimináronse posteriormente segundo o protocolo habitual.
* Ó finaliza-la necropsia verificouse que a sala quedou limpa, ordenada e desinfectada, e os equipos en óptimas condicións para a súa próxima utilización.

2.3.Asisti-lo patólogo ou forense no estudio macroscópico dos órganos e vísceras necrópsicas necesarias para a análise histopatolóxica, inmunohistoquímica e/ou ultraestructural.* Rexistráronse no soporte adecuado as características físicas (volume, peso e cor) e as alteracións morfolóxicas indicadas polo patólogo sobre as vísceras e os órganos en estudio.

* Colocáronse nos recipientes adecuados as distintas pezas de necropsia procedentes do tallado de órganos e vísceras, previamente identificadas.

* Anotáronse na folla de traballo correspondente os procesos que se deben realizar sobre as pezas talladas.

2.4.Realiza-la identificación, conservación e envío das pezas necrópsicas ó laboratorio de anatomía patolóxica, segundo os protocolos establecidos.* As distintas pezas de necropsia están perfectamente identificadas en canto ó seu código e tipo tisular.

* En caso necesario, colocáronse as pezas no líquido fixador, indicado no protocolo.

Dominio profesional

-Medios de producción.

Mobiliario, equipo e instrumental de necropsias. Dictáfono. Contedores de pezas. Líquidos conservantes e fixadores. Órganos e vísceras do cadáver.

-Productos e/ou servicios.

Datos macroscópicos da necropsia. Pezas de órganos e vísceras identificadas, rexistradas e conservadas. Follas de traballo.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos normalizados de necropsia. Métodos de conservación, fixación e distribución das pezas obtidas. Procedementos normalizados de limpeza de material e equipos.

-Información.

Normas de seguridade e normas para o control da calidade. Solicitude de necropsia. Autorización de necropsia e, de se-lo caso, de apertura cranial. Datos de identificación do cadáver. Historia clínica.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Anatomopatólogo/forense responsable. Persoal técnico das áreas de procesamento de pezas. Secretaría do servicio.

2.5.3. Unidade de competencia 3: procesa-las pezas necrópsicas, cirúrxicas e biopsias clínicas, deixándoas listas para o seu estudio polo anatomopatólogo:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Asisti-lo patólogo na selección dos bloques que hai que tallar de pezas necrópsicas, cirúrxicas ou de biopsias.* Rexistráronse no soporte oportuno as características físicas (volume, peso, cor e estructura) e as alteracións morfolóxicas indicadas polo patólogo, sobre a peza en estudio.

* Colocáronse os bloques procedentes do tallado da peza cirúrxica nos recipientes adecuados e anotáronse os procesos que hai que realizar na folla de traballo correspondente.

3.2.Identificar e distribuí-los bloques para o seu estudio histopatolóxico, inmunohistoquímico e/ou ultraestructural, seguindo os protocolos establecidos.* Identificáronse convenientemente os bloques obtidos no tallado da peza cirúrxica.

* Distribuíronse adecuadamente os bloques, coas súas respectivas follas de traballo, ás distintas áreas de traballo, segundo se vaia realizar un estudio histopatolóxico, inmunohistopatolóxico ou ultraestructural.

3.3.Realiza-los procesos de fixación e inclusión dos bloques, obtendo preparacións aptas para o seu estudio histopatolóxico ou inmunohistoquímico.* Verificouse que tódalas mostras veñen xunto coa folla de petición onde, á parte da solicitude adecuada, se indica o tipo de mostra, un resumo da historia clínica e/ou aproximación diagnóstica e os datos demográficos correspondentes.

* Comprobouse que as pezas recibidas e aceptadas para o seu procesamento específico están inmersas no líquido fixador adecuado para a técnica que se vai realizar e que o seu código de identificación coincide co da folla de traballo.

* Enchéronse os tanques de reactivos e de parafina, previamente ó comezo do proceso.
* Prográmase correctamente o equipo de inclusión (de parafina ou resina poliéster) nos ciclos de deshidratación, fixación e inclusión. A temperatura é a adecuada para cada ciclo e mantense durante todo o proceso, conforme o protocolo técnico que se vai executar na peza biópsica.
* Colocouse cada bloque na súa caixa portapezas (casete) e identificouse univocamente, de forma indeleble, coa mostra.
* Comprobouse que se executa correctamente, de forma secuencial, o proceso de fixación, deshidratación e impregnación en parafina dos bloques, segundo o protocolo indicado.

3.4.Desbastar e corta-los bloques, utilizando o microtomo adecuado e obtendo cortes de calidade.* Desbastouse adecuadamente, de forma manual, o bloque de parafina, de maneira que se viu aflora-la peza e quedou en condicións aptas para o seu corte posterior.
* Dispúxose o microtomo; comprobouse que as coitelas están perfectamente afiadas, e foi manipulado conforme o protocolo técnico de corte específico de cada peza.
* Comprobouse que os cortes obtidos do bloque son do grosor adecuado, segundo o estudio que se vai realizar, e que son de boa calidade, xa que non están raiados e non se desfán na auga.
* Os portas, en caso necesario, están «xelatinizados» e enxoitos antes de recibir sobre a súa superficie os cortes histolóxicos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os cortes, cando se trata de pezas intraoperatorias, realizáronse co microtomo de neve carbónica e utilízase o procesamento rápido indicado no protocolo específico para estes casos.

3.5.Tinguir, montar e controla-la calidade das preparacións obtidas.* Eliminouse completamente das preparacións a parafina, coas solucións apropiadas, e realizouse a rehidratación das preparacións, no equipo adecuado ou, no seu defecto, manualmente.
* A tinguidura histoquímica ou inmunohistoquímica seleccionada (PAS, Sudan, Triple de Shorr, Feulgen, laranxa-acridina, hematoxilina-eosina, violeta cristal rápido) é a específica para detecta-las distintas substancias químicas que figuran na folla de traballo correspondente.
* Verificouse que a preparación se axusta ós parámetros de calidade requiridos por observación a simple vista, no caso de posuí-la experiencia suficiente, ou por observación ó microscopio, observándose a diferenciación requirida.
* Realizáronse o aclarado e a montaxe das preparacións seguindo os protocolos establecidos.

3.6.Realiza-lo procesamento adecuado das pezas co obxecto de obter preparacións aptas para o estudio ultramicroscópico, seguindo os protocolos establecidos.* Comprobouse que se reciben as pezas, en fresco ou en fixador, no recipiente idóneo, correctamente etiquetadas, e que se corresponden coa folla de traballo.

* Realizouse a incubación da peza no baño fixador habitual, segundo o protocolo establecido.

* Ó realiza-lo procesamento da peza seguiuse a secuencia de fixación do osmio ou ouro, lavado, deshidratación e impregnación na resina poliéster, seguindo as normas habituais no laboratorio.
* Desbastouse o bloque con axuda da máquina fresadora ata obte-la forma de pirámide de vértice truncado na que aflore a peza nese vértice.
* Preparáronse o ultramicrotomo e as coitelas de cristal e montouse unha delas nel, quedando perfectamente fixada e co ángulo de corte requirido.
* Os cortes de control obtidos non exceden do grosor permitido, foron montados sobre o soporte e tinguidos para ser observados polo patólogo.
* Realizáronse os cortes definitivos da peza no lugar indicado polo patólogo e posteriormente colocáronse sobre a reixa de cobre ou outro metal indicado no protocolo técnico.
* A reixa foi colocada sobre o portaobxectos e realizouse o contraste co reactivo adecuado indicado na técnica.
* Ó ser visualizadas as preparacións con ultramicroscopio, presentan imaxes aceptables tanto en densidade como en contraste.
* Ó finaliza-lo proceso, realizáronse tódalas operacións necesarias para deixa-la zona de traballo limpa e os equipos en óptimas condicións para a súa seguinte utilización.
* Limpáronse e desinfectáronse os materiais non rexeitables utilizados en determinados procesos tralo seu uso, e ordenáronse no seu lugar correspondente, en función das normas do laboratorio.
* Colocáronse tódolos materiais rexeitables e productos de refugallo nos colectores de lixo correspondentes e elimináronse posteriormente segundo o protocolo habitual.
* Ó finaliza-lo traballo, o material e os reactivos non perecedoiros almacénanse de modo adecuado e gárdanse as mostras procesadas ata a validación de resultados.

3.7.Asisti-lo patólogo no estudio microscópico e/ou ultraestructural das preparacións e na elaboración e emisión de informes.* As bandexas portamostras con tódalas preparacións do caso en estudio, así como as follas de traballo correspondentes, colocáronse na orde adecuada na área de traballo do microscopio óptico ou electrónico.
* Asistiuse o patólogo durante o estudio microscópico e a elaboración dos resultados, seguindo as súas indicacións.
* Seguiuse o curso dos resultados ata a emisión do informe final e a súa entrega, nos tempos requiridos e indicados no protocolo para cada caso.

Dominio profesional

-Medios de producción.

Libro de rexistro. Ficheiros de pezas, de tacos, de preparacións, de fotografías e os seus arquivos correspondentes. Instrumental de corte para o tallado de pezas e tacos. Dispensador de parafina. Equipos automáticos de inclusión en parafina e de impregnación en resina poliéster. Contedores de parafina. Casetes de pezas. Frigoríficos. Microtomos de parafina e de CO. Ultramicrotomo. Microscopio óptico. Fotomicroscopio. Microscopio electrónico.

-Productos e/ou servicios.

Pezas talladas. Tacos de inclusión en parafina ou en resina poliéster. Resultados do estudio histopatolóxico e/ou ultraestructurais. Preparacións aptas para o estudio estructural ou ultraestructural.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos de tallado de pezas de diversa procedencia. Métodos de fixación e deshidratación. Métodos de inclusión en parafina ou impregnación en resina poliéster. Procedementos de tinguidura histoquímica ou inmunohistoquímica. Procedementos de montaxe e aclarado de preparacións. Procedementos de elaboración de preparacións para ultramicroscopio. Métodos normalizados de observación microscópica óptica e electrónica. Procedementos normalizados de limpeza de material e equipos.

-Información.

Normas para o control da calidade e normas de seguridade. Historia ou ficha clínica. Ficheiros. Listaxes e follas de traballo. Protocolos técnicos de traballo. Normas de mantemento dos equipos.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Anatomopatólogo responsable. Secretaría do servicio.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-la selección e aproximación diagnóstica de citoloxías, baixo a supervisión do facultativo:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Realizar extensións celulares adecuadas a partir das mostras recibidas, e realizar, se procede, o reconto celular, segundo os protocolos previamente establecidos.* Realizouse a mestura perfecta do líquido biolóxico ou do lavado salino (bronquial) en estudio, antes do reconto celular.

* Realizouse o reconto celular na cámara de reconto apropiada e de acordo co protocolo habitual.

* Realizouse adecuadamente a selección e preparación das extensións apropiadas, aplicando a experiencia baseada no seu dominio técnico e os protocolos técnicos correspondentes.

* Foron identificados tódolos frotis obtidos de forma indeleble cos seus códigos correspondentes.

4.2.Procesa-los frotis, seguindo os protocolos establecidos para o efecto.* Os frotis foron fixados, ben por secado ou ben pola utilización dos fixadores adecuados: alcol-éter, alcol, acetona e shaudinn.
* Realizáronse as técnicas de pretinguidura apropiadas ó tipo de fixación utilizada.
* A tinguidura dos frotis seleccionada é a adecuada por axustarse ó tipo de mostra e á orientación diagnóstica da petición.
* Seguíronse, en caso necesario, as fases de tinguidura e diferenciación por observación microscópica ata a obtención dunha imaxe óptima.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realizouse, en caso necesario, a deshidratación da extensión, o seu aclarado con xilol e a súa montaxe no medio adecuado e habitual no laboratorio.
* Unha vez efectuada a tinguidura contrólase a súa calidade por observación microscópica e, en caso de existir deficiencias, deberá revisarse o proceso.

4.3.Realiza-la correcta aproximación ó diagnóstico funcional e á selección de certas patoloxías, dentro das marxes de erro permitidas.* Na área de traballo do microscopio as bandexas portamostras dispoñen das extensións que hai que estudiar e as follas de traballo correspondentes.

* Realizouse o estudio microscópico dos frotis facendo un varrido sistemático de campos microscópicos e tendo en conta a orientación diagnóstica presente na folla de traballo.

* Anotáronse na folla de traballo os resultados obtidos do estudio microscópico, utilizando a terminoloxía e os códigos habituais no laboratorio.
* Trasladáronselle ó responsable da área os resultados obtidos e as preparacións para a súa verificación, control de calidade de resultados e emisión do diagnóstico definitivo.
* Os resultados e as preparacións foron arquivados e rexistrados ata a validación de resultados.
* Limpouse o microscopio, os seus obxectivos e sistemas de iluminación, así como o material e a área de traballo, eliminando nos colectores de lixo apropiados o material e residuos rexeitables, deixando a zona de traballo limpa e os equipos en óptimas condicións para a súa próxima utilización.
* Limpáronse, desinfectáronse e almacenáronse os materiais non rexeitables, así como os reactivos non perecedoiros utilizados, en función das normas do laboratorio.

Dominio profesional

-Medios de producción.

Ficheiros de preparacións e de resultados. Homoxeneizadores. Mesturadores. Citocentrífugas. Incubadoras. Frigoríficos. Portaobxectos. Cámaras de reconto. Equipos automáticos de tinguidura. Microscopios. Reactivos de fixación, tinguidura e aclarado.

-Productos e/ou servicios.

Líquidos biolóxicos homoxeneizados. Preparacións citolóxicas fixadas, deshidratadas e tinguidas. Aproximación diagnóstica de citoloxías.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos de homoxeneización, concentración e reconto celular. Procedementos de fixación, deshidratación, tinguidura e montaxe de frotis celulares. Técnicas de tinguidura (hematoxilina de harris e eosina, azul de metileno, triple de shorr, papanicolau, violeta cristal rápido, T. de Leishman, feulgen, periódico de schiff, laranxa-acridina). Métodos normalizados de observación con microscopio óptico. Procedementos normalizados de limpeza de material e equipos. Normas de seguridade e normas para o control da calidade. Normas de mantemento dos equipos. Protocolos técnicos de traballo.

-Información.

Solicitudes de petición. Historias ou fichas clínicas. Libro de rexistro. Follas de traballo. Ficheiros de preparacións e resultados.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Anatomopatólogo responsable. Secretaría de servicio.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realiza-lo rexistro fotográfico de pezas e preparacións a nivel macroscópico, microscópico e ultramicroscópico:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Prepara-lo material e equipo fotográfico, segundo os protocolos de rexistro fotográfico do servicio.* As preparacións e pezas están dispostas para realiza-lo rexistro fotográfico correspondente.

* Seleccionáronse adecuadamente os medios que se van utilizar (cámara, óptica, iluminación, exposición e película) en función da mostra que se vai fotografar.

5.2.Realizar fotografías e microfotografías de pezas macroscópicas e preparacións microscópicas e ultramicroscópicas en función do obxecto que se vai fotografar.* Preparouse correctamente a montaxe técnica segundo o tipo de traballo que se vai realizar, en función da mostra.

* Fotografáronse os órganos e as vísceras do cadáver, seguindo as indicacións do anatomopatólogo e/ou os protocolos previamente establecidos.

* Fotografáronse as preparacións microscópicas, mediante a técnica adecuada, seguindo as indicacións do anatomopatólogo e/ou os protocolos establecidos ó respecto.
* Realízase o rexistro fotográfico das preparacións ultramicroscópicas, segundo vai indicando o anatomopatólogo.

5.3.Procesa-las emulsións fotográficas no laboratorio fotográfico do servicio e encargarse do envío ó laboratorio fotográfico externo das emulsións que así o requiran, segundo o protocolo de actuación do servicio.* Efectuouse o revelado e verificouse que a impresión fotográfica obtida é correcta.

* Realizáronse as ampliacións e as copias necesarias, seguindo os protocolos marcados para a obtención de rexistros fotográficos coa calidade requirida.

* Rexistráronse convenientemente as emulsións fotográficas remitidas a laboratorios externos para o seu control e coñecemento da súa data de remisión.

* Ó finaliza-lo proceso realizáronse tódalas operacións necesarias para deixa-la zona de traballo limpa e os equipos en óptimas condicións para a súa próxima utilización.
* Limpáronse, desinfectáronse e ordenáronse no lugar correspondente os materiais non rexeitables utilizados e os reactivos non perecedoiros.
* Colocáronse tódolos materiais rexeitables e productos de refugallo nos colectores de lixo correspondentes, e elimináronse posteriormente segundo o protocolo habitual.

5.4.Rexistrar e arquiva-los negativos, fotografías e diapositivas, segundo os códigos asignados e os criterios organizativos do servicio.* Definiuse o tipo de rexistro, en función das necesidades e dos tipos de material.

* Actualízanse e depúranse os ficheiros e rexistros coa periodicidade requirida.

Dominio profesional

-Medios de producción.

Fotomicroscopio. Líquidos de procesado. Material sensible. Ampliadoras. Procesadores. Videorrexistradora.

-Resultados e/ou productos obtidos.

Película impresionada (negativos e positivos). Diapositivas e fotopapel (en cores e en branco e negro) identificados e rexistrados. Material videográfico rexistrado.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de procesado de película. Técnicas de copiado e ampliación de fotografías. Técnicas de arquivo.

-Información.

Instruccións de manexo, seguridade e conservación dos equipos fotográficos.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Anatomopatólogo responsable. Secretaría do servicio.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

As vantaxes que supón para a esperanza de vida da poboación a detección precoz de procesos patolóxicos neoplásmicos, sobre todo a nivel xinecolóxico (cérvix uterino e mama) fai previsible que se instauren de forma sistemática e xeneralizada unidades de detección precoz do cancro, realizándose estudios citolóxicos a grupos de risco, nun principio, e posteriormente a toda a poboación que acuda por calquera motivo a unha consulta de atención primaria. Estes controis, que se deberán realizar periodicamente, xerarán, previsiblemente, un volume de citoloxías que requirirá un gran número de técnicos, que non existe na actualidade. Este feito tenderá a abarata-los orzamentos que existen actualmente destinados á extirpación de tumores, quimioterapia, radioterapia e próteses substitutorias, ademais de diminuí-las estancias hospitalarias e as listas de espera.

É previsible que se produza un maior grao de automatización do procesado de pezas biópsicas, xeneralizándose aínda máis o uso de procesadores automáticos de tecidos.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

O técnico en anatomía patolóxica e citoloxía poderá asumi-la realización do despiste diagnóstico de citoloxías, así como a realización de necropsias, tanto clínicas como médico-legais, baixo a supervisión do facultativo responsable. Co novo perfil desenvolvido neste título incrementarase a súa demanda ó axustarse o perfil profesional definido ás necesidades detectadas neste sector, que na actualidade son desempeñadas por persoal con distintas cualificacións.

2.6.3. Cambios na formación:

A orientación na formación vai dirixida principalmente á:

* Preparación e realización de necropsias clínicas e médico-legais.

* Realización da selección e aproximación diagnóstica de citoloxías, á que se lle dedica a maior carga formativa deste profesional, xa que é a actividade profesional que require maior formación ó tratarse dun labor cun alto grao de responsabilidade e se-la actividade á que irían destinados principalmente.

* Diminución das destrezas no procesado manual de tecidos.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

O técnico en anatomía patolóxica e citoloxía poderá exerce-la súa actividade profesional no sector sanitario, tanto en atención primaria como nos servicios xerais de apoio ó diagnóstico de atención especia

lizada. Así mesmo, poderá traballar en institutos anatómico-forenses, realizando necropsias e procesando pezas necrópsicas, e en laboratorios de centros de investigación biolóxica humana e animal, procesando mostras de tecidos.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

* Atención primaria e comunitaria: laboratorios de citoloxía, laboratorios de unidades de detección precoz do cancro e laboratorios de centros de planificación familiar.

* Servicios xerais hospitalarios: laboratorios de anatomía patolóxica e citoloxía.

* Institutos anatómico-forenses: salas de necropsias.

* Laboratorios de anatomía patolóxica.

* Centros de investigación: laboratorios.

O técnico en anatomía patolóxica e citoloxía poderá participar nun equipo de apoio ó diagnóstico ou de investigación, formado por outros técnicos do seu nivel, coordinado e dirixido por un facultativo.

Poderá participar en tódalas actividades que se realicen na súa área de traballo, incluída a docencia doutros técnicos e a colaboración en labores de investigación que se lle asignen.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional sitúase nas funcións/subfuncións de organización e xestión da unidade de traballo, recepción, identificación, preparación e distribución de mostras, procesado de mostras, control de calidade dos resultados, investigación e docencia.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen:

* Organización e xestión da unidade de traballo: xestión de ficheiros, xestión de stocks de materiais, reactivos e instrumental, xestión do plan de mantemento dos equipos e emisión de informes.

* Coñecementos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, histoloxía, histopatoloxía, anatomía patolóxica e patoloxía humana.

* Preparación e realización de necropsias: lexislación médico-legal. Técnicas de disección e sutura. Protocolos de necropsia. Patoloxía macroscópica. Fixación de órganos e tecidos.

* Recepción/obtención, identificación, preparación e distribución de mostras citolóxicas e biópsicas.

* Procesado de pezas biópsicas ou necrópsicas: técnicas de tallado de bloques. Técnicas de fixación, inclusión, corte e tinguidura.

* Selección e aproximación diagnóstica de citoloxías: preparación de frotis, fixación e tinguidura. Citoloxía e citopatoloxía. Técnicas de observación con microscopio. Aproximación diagnóstica de citoloxías.

* Coñecementos e técnicas de filmación e de rexistro, revelado e conservación de fotografías.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Técnico especialista en anatomía patolóxica.

* Citotécnico.

* Axudante de forense.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analiza-las técnicas de almacenaxe, distribución e control de existencias dos elementos consumibles relacionados coa sala de necropsias e o laboratorio de anatomía patolóxica/citoloxía e autopsias forenses.

* Utiliza-los paquetes informáticos de carácter xeral, adaptándoos á organización, xestión e tratamento da información clínica e administrativa dun servicio de anatomía patolóxica/citoloxía e autopsias forenses.

* Analiza-la estructura orgánica e funcional dos centros, servicios ou unidades do sector sanitario e a normativa vixente relativa a temas de seguridade, hixiene e documentación clínico-administrativa.

* Analizar e aplica-los procesos de preparación e de realización de autopsias, executando con destreza os procedementos de apertura, disección, evisceración e recomposición de cadáveres, así como o tallado dos órganos eviscerados.

* Analizar e aplica-los procedementos de descrición macroscópica e proceso de tecidos, obtendo preparacións coa calidade requirida para a realización do seu estudio anatomopatolóxico.

* Analizar e realizar con destreza os procedementos de citopreparación de mostras citolóxicas.

* Analiza-las características de preparacións citolóxicas, realizando a súa selección diagnóstica.

* Analiza-las características dos equipos e o material utilizados na realización de rexistros iconográficos macroscópicos, microscópicos e ultramicroscópicos, para obter rexistros coa calidade requirida.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permita o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de anatomía patolóxica e citoloxía:

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar, ó seu nivel, a área de traballo asignada na unidade/gabinete.

Capacidades terminais elementais

* Describi-la estructura do sistema sanitario en España e as particularidades en Galicia.

* Interpreta-la estructura funcional e organizativa dos diferentes tipos de institucións sanitarias, partindo de organigramas.

* Relaciona-las competencias do contorno sanitario coas diferentes administracións públicas do Estado español e a Unión Europea, os órganos que dependen e as unidades básicas nas que se organizan.

* Explica-las funcións e os resultados para conseguir na unidade ou servicio, e nos postos de traballo máis relevantes.

* Relaciona-los niveis de asistencia co tipo de prestacións para recibir polos pacientes.

* Identifica-los factores condicionantes da saúde dunha comunidade determinada, a partir de estudios e informes.

* Relaciona-las funcións e competencias propias nos diferentes contornos de traballo con relación a outros profesionais sanitarios.

* Relaciona-los procesos de saúde e enfermidade cos niveis de prevención e o tipo de medidas correctivas.

* Identifica-los contidos, fluxos de tramitación, sistemas de codificación e de rexistro dos diferentes tipos de documentación clínica e non clínica.

* Realiza-lo proceso de recepción, rexistro e distribución da documentación recibida ou emitida, segundo os protocolos establecidos e os criterios de confidencialidade.

* Identifica-los sistemas de arquivo, conservación e acceso á documentación clínica seguindo as normas do servicio.

* Determina-los métodos e as condicións de almacenamento e conservación do material xeral de laboratorio de anatomía patolóxica e citoloxía, seguindo os criterios de orde e as normas de seguridade e hixiene.

* Determina-la cantidade de existencias mediante inventarios e identifica-las necesidades de reposición segundo o nivel óptimo e mínimo establecidos, e os datos das fichas de almacén.

* Efectuar ordes de pedido empregando o soporte máis axeitado segundo as necesidades da unidade.

* Empregar programas informáticos básicos de organización, xestión e tratamento de datos clínicos ou administrativos da unidade, e realizar tarefas de codificación, rexistro e arquivo dos documentos e material gráfico.

* Definir formatos de presentación da información nun soporte informatizado segundo o tipo de información e as finalidades do programa informático empregado.

* Realizar resumos da actividade prestada e informes de resultados a partir dos datos dispoñibles, con claridade, precisión e o uso da terminoloxía específica axeitada.

* Elaborar orzamentos dos servicios sanitarios que se prestan nos laboratorios de anatomía patolóxica e citoloxía a partir dos estudios realizados.

* Formaliza-la documentación que se xera nunha operación de compra e venda de bens ou de prestación de servicios sanitarios, segundo os protocolos establecidos, con pulcritude e precisión.

* Comproba-los datos que interveñen nos pedidos e facturas, segundo as normas fiscais e mercantís e realiza-los cálculos necesarios para determina-lo importe total e o desagregado efectuando as correccións que sexan precisas.

* Comprobar e corrixir de forma sistemática os datos e os requisitos fiscais e legais dos diferentes documentos mercantís que se xeran no contorno desta actividade.

* Relaciona-los factores e as situacións de risco para a saúde no seu contorno laboral coas medidas preventivas e os medios para empregar, coa simboloxía e situación dos sinais de alarma e coa normativa específica de seguridade e hixiene.

* Programa-las actividades da unidade segundo os obxectivos, tipo e volume do traballo e situación operativa dos recursos humanos e materiais.

* Identifica-los factores que determinan a calidade de atención ou prestación do servicio segundo o tipo de servicio e as funcións para desenvolver.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

Organización sanitaria:

* Cálculo dos indicadores de saúde.

* Realización de gráficos representativos dos principais indicadores de saúde.

Documentación sanitaria:

* Análise do contido e do tipo de documentación.

* Identificación dos datos e selección do medio e do soporte.

* Rexistro dos datos. Emisión de informes dos datos.

* Clasificación da documentación. Codificación.

* Rexistro informático e convencional. Distribución ó destinatario.

Xestión de existencias e inventarios:

* Identificación das necesidades de reposición.

* Formalización dos documentos para efectua-lo pedido.

* Envío do pedido.

* Comprobación do material recibido.

* Distribución do material ás distintas unidades.

* Realización do rexistro.

Tratamento da información e documentación:

* Definición do tipo de datos para tratar dos clientes e provedores.

* Recompilación da información.

* Integración dos datos.

Aplicacións informáticas:

* Selección da aplicación ofimática adecuada.

* Introducción da información nos medios ofimáticos.

* Almacenamento dos datos.

* Edición e difusión dos datos.

Contidos conceptuais

Organización sanitaria:

* Estructura do sistema sanitario público en España.

* Lei xeral de sanidade.

* Plan de saúde de Galicia.

* Estructura do sistema sanitario galego: sector público e privado.

* Funcións e competencias dos diferentes profesionais sanitarios.

* Conceptos de saúde e enfermidade.

* Factores condicionantes da saúde: ambientais, biolóxicos, propios do sistema sanitario e de estilo de vida.

* Niveis de prevención sanitaria: primaria, secundaria e terciaria.

* Concepto de saúde pública. Concepto de saúde comunitaria.

* Concepto de medicina preventiva.

* Indicadores de saúde.

* Normativa de seguridade e hixiene nos centros sanitarios. Lexislación específica do sector.

Documentación sanitaria:

* Documentación clínica e non clínica: tipos, utilidades, aplicacións, criterios de formalización e métodos de circulación.

* O tratamento da información e da documentación: arquivo, rexistros, mantemento e conservación, e seguridade da información.

Xestión de existencias e inventarios:

* Almacenaxe: sistemas e técnicas.

* Criterios de ordenación dos recursos materiais sanitarios.

* Control de existencias: métodos de valoración.

* Stock mínimo e reposición de existencias.

* Fichas de almacén.

* Inventarios: clasificación e elaboración.

* Normas de seguridade e hixiene aplicada en almacéns sanitarios: condicións de almacenamento dos materiais.

Tratamento da información e documentación:

* Documentación de operacións de compravenda: propostas de pedido, albarás, facturas, notas de aboamento ou cargo.

* Requisitos legais de formalización da documentación.

* Réximes de aplicación do IVE.

Aplicacións informáticas:

* Aplicacións informáticas de xestión e control do almacén, facturación e xestión económica.

* Aplicacións informáticas de xestión do ficheiro de pacientes e historias clínicas.

* Aplicacións informáticas específicas.

O proceso de atención ou prestación do servicio:

* Obxectivos, fases, actividades e recursos.

* Normativa aplicable.

* Técnicas de control da calidade na prestación do servicio ou producto.

Calidade da prestación do servicio ou do producto:

* Normas de control de calidade internas.

* O control externo da calidade.

Conceptos fundamentais de economía sanitaria:

* Financiamento, custos e beneficios en empresas do sector sanitario.

* Orzamento de servicios.

* A documentación mercantil.

* A documentación financeira: cheque e letra de cambio.

* O sistema impositivo: o IVE e o IRPF.

Contidos actitudinais

* Execución sistemática da comprobación dos resultados e corrección sistemática dos erros detectados na formalización e o arquivo dos documentos.

* Pulcritude na formalización de toda a documentación e prioridade na xestión da documentación dos casos máis urxentes.

* Compromiso coas obrigas asociadas ó traballo e puntualidade no cumprimento dos prazos de presentación dos documentos.

* Execución independente do traballo e rigor na tramitación da documentación.

* Espírito aberto no trato cos pacientes, familiares e membros do equipo de traballo.

* Asimilación dos novos métodos de traballo respecto á xestión administrativa da consulta ou unidade.

3.2.2. Módulo profesional 2: necropsias:

Asociado á unidade de competencia 2: realizar necropsias clínicas ou médico-legais baixo a supervisión do facultativo.

Capacidades terminais elementais

* Describi-las diferentes áreas dun tanatorio/sala de necropsias, diferenciando as distintas instalacións que o compoñen e as normas de seguridade que estas deben cumprir.

* Clasifica-los equipos e o instrumental da sala de autopsias, segundo a función que desempeñan.

* Diferencia-las características técnicas e o funcionamento dos equipos de cremación, refrixeración, corte e disección de tecidos, así como as normas de seguridade aplicables a eles.

* Recoñece-las condicións de hixiene e os medios e as técnicas de illamento persoal e ambiental segundo o tipo e características da autopsia.

* Identifica-las técnicas de preparación do cadáver previas á autopsia.

* Enumera-la documentación para cubrir segundo sexa unha autopsia clínica ou médico-legal, tendo en conta a importancia da súa correcta formalización.

* Identifica-los signos externos do cadáver que poidan ser significativos para o diagnóstico necrópsico.

* Diferencia-las técnicas de preparación e apertura do cadáver, cavidades, evisceración e disección de órganos, seleccionando o material e instrumental adecuado en cada caso.

* Describi-los procedementos de toma de mostras do cadáver, así como os métodos para a súa conservación.

* Recoñece-la orde e a descrición macroscópica regrada dos distintos órganos, empregando o vocabulario técnico adecuado.

* Identificar, na disección do cadáver, os signos patolóxicos ou artefactos relacionándoos coas causas que os producen.

* Describi-lo tratamento posterior á autopsia que se lle debe aplicar ó cadáver.

* Seleccionar e prepara-lo material e instrumental para utilizar na disección e no tallado de órganos, así como o espacio de traballo.

* Describi-las técnicas de separación, apertura, tallado e fixación de órganos e de vísceras, tendo en conta o material e instrumental para utilizar en cada caso.

* Identifica-los fixadores para utilizar nas mostras e órganos, así como as técnicas de preparación, indicacións e métodos para a súa conservación.

* Describi-las técnicas de sección dos ósos, relacionándoos cos instrumentos de corte para empregar.

* Describi-lo método de toma de mostras de órganos eviscerados, preparándoos correctamente para o seu envío ó laboratorio de anatomía patolóxica, medicina legal e toxicoloxía, segundo protocolos establecidos.

* Describi-los procedementos de limpeza, desinfección e mantemento de equipos, materiais e espacios utilizados, segundo protocolos establecidos.

* Selecciona-lo tratamento para aplicar ós diferentes refugallos xerados, segundo a súa orixe e tendo en conta a normativa legal vixente

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

Lexislación e documentación de autopsias:

* Comprobación da documentación necesaria para a realización de autopsias, segundo a lexislación vixente.

A sala de autopsias: material e medios:

* Comprobación das condicións hixiénicas e ambientais da sala.

* Selección e preparación do material e equipos necesarios para a disección e tallado de órganos.

* Preparación dos recipientes e fixadores utilizados.

Prevención de enfermidades transmisibles na sala de autopsias:

* Aplicacións das medidas preventivas de hixiene e illamento persoal e ambiental.

Normas e procedementos de seguridade no manexo de equipos:

* Comprobación das condicións de uso dos equipos e materiais.

* Aplicación das normas de seguridade no manexo dos equipos.

Estudio e tarefas previas á apertura do cadáver:

* Identificación, traslado e colocación do cadáver sobre a mesa de autopsias.

* Realización do exame externo do cadáver.

Técnicas de apertura, extracción, disección e estudio de cavidades e órganos:

* Apertura e disección do cadáver.

-Apertura da pel, das cavidades e dos órganos, segundo protocolos.

-Disección, medición e observación macroscópica das cavidades e dos órganos.

-Recollida, identificación e conservación das mostras; clasificación ou envío á unidade correspondente.

* Técnicas de extracción e estudio de órganos torácicos e abdominais.

-Identificación dos órganos ou estructuras.

-Aplicación das técnicas de extracción e disección.

-Descrición, pesaxe e medida.

-Detección de alteracións ou características significativas para o diagnóstico.

-Obtención de mostras para o estudio microscópico.

* Técnicas de extracción, disección e estudio da cavidade cranial e do SNC.

-Medición, apertura do cranio e detección de anomalías significativas.

-Observación do contido cranial, características que presenta e extracción do encéfalo e medula espiñal en bloque.

-Pesaxe, medida, sección e estudio das meninxes e dos vasos cerebrais.

-Extracción e estudio doutras estructuras.

-Recollida de mostras para o estudio microscópico.

* Técnicas de disección, separación e estudio dos órganos supradiafragmáticos.

-Sección, separación e disección de órganos e estructuras torácicas.

-Detección de alteracións significativas para o diagnóstico.

-Obtención de mostras para o estudio microscópico.

Últimos estudios sobre o cadáver e recomposición:

* Toma de mostras de órganos non eviscerados.

* Reposición de vísceras e órganos estudiados e sutura de recomposición.

* Limpeza, acondicionamento e traslado do cadáver.

Protocolos de envío de mostras de autopsias ós laboratorios de anatomía patolóxica, medicina legal e toxicoloxía:

* Identificación das mostras.

* Preparación do contedor e do fixador; prefixación e fixación das mostras.

* Rexistro e envío das mostras ó laboratorio.

Limpeza, desinfección e esterilización dos equipos e instrumental:

* Clasificación dos equipos e instrumental utilizados.

* Valoración do grao de contaminación.

* Selección e aplicación do método de limpeza, desinfección e esterilización correspondente.

Eliminación de refugallos:

* Identificación dos refugallos contaminantes xerados.

* Eliminación dos refugallos xerados, segundo a normativa legal vixente.

Contidos conceptuais

Lexislación e documentación de autopsias:

A sala de autopsias: material e medios:

* Estructura: áreas e funcións.

* Materiais e medios: tipos, aplicacións, manexo, limpeza e mantemento.

Prevención de enfermidades transmisibles na sala de autopsias:

* Medidas de protección.

* Criterios de manexo de materiais, líquidos, órganos e mostras.

* A desinfección e a esterilización.

* O tratamento de refugallos.

Normas e procedementos de seguridade no manexo de equipos:

* A protección persoal.

* Accidentes máis frecuentes.

* Normas de seguridade no manexo de equipos.

Estudio e tarefas previas á apertura do cadáver:

* Preparación.

* Exame externo do cadáver.

-Lesións e marcas.

-Signos de morte e putrefacción.

* Estudio de orificios.

Artefactos que se poden atopar no estudio macroscópico e microscópico:

Xeneralidades descritivas:

* Características morfolóxicas, situación e relación con outros órganos da pel, mama, parede torácica e abdominal, cavidades serosas, glándula tiroide, aparello respiratorio, aparello circulatorio, tubo dixestivo, bazo, fígado, páncreas, tecido linfopoiético, aparello urinario, glándulas suprarrenais, aparello xenital feminino e masculino e aparello locomotor e a medula ósea.

Técnicas de apertura, extracción, disección e estudio de cavidades e órganos:

* Técnicas de apertura das cavidades do tronco e do abdome.

* Técnicas de extracción e estudio de órganos torácicos e abdominais.

* Técnicas de apertura da cavidade cranial e do sistema nervioso.

* Técnicas de extracción, disección e estudio da cavidade cranial e do SNC.

* Técnicas de apertura dos órganos supradiafragmáticos.

* Técnicas de disección, separación e estudio dos órganos supradiafragmáticos.

Últimos estudios sobre o cadáver e recomposición:

* Toma de mostras de órganos non eviscerados e recomposición do cadáver.

A autopsia forense ou médico-legal:

* Obxectivos.

* Protocolos de actuación.

Protocolos de envío de mostras de autopsias ós laboratorios de anatomía patolóxica, medicina legal e toxicoloxía:

* Características e preparación de fixadores.

* Fixación de órganos e vísceras.

* Protocolos para seguir nas técnicas especiais.

* Normas para o envío de mostras ó laboratorio de anatomía patolóxica, medicina legal e toxicoloxía.

Limpeza, desinfección e esterilización:

* Concepto.

* Tipos.

* Técnicas.

Eliminación de refugallos:

* Tipos.

* Técnicas.

Contidos actitudinais

* Capacidade para procurar solucións cando as condicións do instrumental e das instalacións non sexan as adecuadas.

* Valoración da importancia da comprobación dos resultados.

* Conciencia do valor da eficacia na preparación da sala e do material.

* Valoración da importancia de seguir unha orde na distribución do traballo nas técnicas para realizar nas necropsias.

* Rigor e pulcritude na apertura de cavidades, disección e toma de mostras.

* Valoración da importancia da conservación do material, instrumental e instalacións en perfectas condicións de hixiene e uso.

* Valoración da importancia do seguimento dos protocolos establecidos para a realización de necropsias.

* Actitude respectuosa durante o proceso de manipulación do cadáver.

* Recoñecemento da importancia da capacidade de adaptación e colaboración co equipo de traballo.

* Rigor na toma de mostras, así como na súa preparación.

* Demostración de interese polos avances tecnolóxicos que melloren as técnicas necrópsicas.

* Valoración da importancia da aplicación das normas de seguridade na manipulación do cadáver e do instrumental, polos seus efectos sobre a saúde.

* Imaxe de responsabilidade á hora de preparar e acondiciona-lo cadáver, así como na limpeza das instalacións e do instrumental.

* Consciencia da importancia que ten mante-lo segredo profesional.

3.2.3. Módulo profesional 3: proceso de tecidos e citopreparación:

Asociado á unidade de competencia 3: procesa-las pezas necrópsicas, cirúrxicas e biopsias clínicas deixándoas listas para o seu estudio polo anatomopatólogo.

Capacidades terminais elementais

* Recoñece-los criterios de recepción de mostras biópsicas e citolóxicas, analizando as características que estas deben reunir previo ó seu estudio.

* Seleccionar e aplica-lo tipo de rexistro e a codificación axeitada das mostras biópsicas e citolóxicas, seguindo os protocolos establecidos.

* Identifica-la documentación que se xuntará ás mostras, determinando o seu grao de formalización.

* Identifica-los criterios de distribución das mostras nas diferentes áreas do laboratorio de anatomía patolóxica e citoloxía, na función das súas características ou das técnicas para aplicar.

* Recoñece-los distintos tipos de mostras citolóxicas, así como as técnicas de citopreparación que se deben aplicar en cada caso, describindo as súas características.

* Distingui-los procesos que se deben realizar previos á fixación, seleccionando os medios materiais necesarios en función da técnica que se aplique.

* Describi-las características macroscópicas que poden presenta-las diferentes mostras citolóxicas, relacionándoas co seu significado diagnóstico.

* Identifica-los fixadores específicos para utilizar en mostras citolóxicas, así como as técnicas de preparación, indicacións e métodos de conservación.

* Selecciona-los medios e reactivos necesarios para a tinguidura de mostras citolóxicas en función da técnica que se utilice.

* Diferencia-las técnicas de tinguidura citolóxica en función dos reactivos que se utilicen e as características dos resultados obtidos con elas.

* Determinar e aplicar correctamente a técnica de tinguidura adecuada, en función de cada tipo de mostra.

* Realiza-lo control de calidade da preparación citolóxica e a súa conservación, se é necesaria.

* Selecciona-lo material adecuado en función do procedemento que se realice segundo a mostra biópsica, explicando o seu manexo e as condicións de uso.

* Identifica-las posibles anormalidades que se poden observar nas mostras ou na técnica aplicada que poden dificulta-lo diagnóstico, relacionándoos cos seus mecanismos de producción.

* Describi-las características macroscópicas dos órganos ou biopsias utilizando o vocabulario adecuado.

* Describir e aplica-los métodos de descalcificación de tecidos.

* Efectua-lo tallado da mostra, así como a preparación e aplicación do método de fixación adecuado.

* Selecciona-las técnicas de fixación de tecidos, así como as indicacións, o manexo e a conservación de fixadores adecuados, en función da mostra e da técnica utilizada.

* Relaciona-las técnicas e os protocolos para utilizar con cada tipo de mostra, en función do estudio que se realice.

* Describi-las técnicas de deshidratación, aclarado, impregnación e inclusión de tecidos.

* Seleccionar, preparar e manexa-los equipos para utilizar no proceso de inclusión.

* Describi-la técnica de desbastado de bloques, explicando os seus criterios de realización.

* Identificar e describi-los distintos tipos de microtomos, diferenciando as indicacións e o manexo.

* Describir e realizar técnicas de corte cos distintos tipos de microtomos.

* Levar a cabo a técnica de recollida dos cortes, colocándoos na posición adecuada para o seu estudio, e xustifica-lo proceso.

* Seleccionar e describi-los disolventes para utilizar no proceso de desparafinaxe dos cortes.

* Rehidrata-las preparacións histolóxicas para o seu estudio, explicando a técnica que se aplique.

* Diferencia-lo fundamento, reactivos, proceso técnico e características dos resultados obtidos nas distintas técnicas de tinguidura, aplicando os criterios de calidade correspondentes.

* Deshidratar, aclarar e monta-las distintas preparacións, explicando as técnicas que se apliquen.

* Describir e aplica-los procedementos de etiquetaxe e arquivo das preparacións seguindo os protocolos establecidos.

* Describi-lo fundamento e as características técnicas dos equipos empregados en técnicas especiais de investigación, relacionando cada equipo co seu protocolo de actuación.

Contidos (duración 265 horas)

Contidos procedementais

Recepción de mostras:

* Identificación do tipo e procedencia da mostra.

* Conservación e codificación das mostras.

* Clasificación das mostras e a súa distribución ás diferentes áreas.

* Rexistro das mostras e da documentación manexada no laboratorio.

Operacións fisicoquímicas básicas no laboratorio de anatomía patolóxica/citoloxía:

* Preparación do material e dos equipos necesarios.

* Identificación e preparación dos reactivos, disolucións, tampóns, etc.

* Limpeza e recollida do material utilizado.

Procesos básicos en citoloxía (citopreparación):

* Identificación do tipo e procedencia da mostra.

* Aplicación de protocolos establecidos.

* Selección do material e equipos en función da técnica para realizar.

* Realización de técnicas citolóxicas.

Procesado de tecidos:

* Preparación de mostras de tecidos.

-Identificación do tipo e procedencia da mostra.

-Aplicación de protocolos.

-Selección e preparación do material e dos equipos necesarios.

-Realización de técnicas de descalcificación e/ou amolecemento.

* Fixación.

-Selección do material e tipo de fixador adecuado.

-Realización de técnicas de fixación

* Corte da mostra.

* Regulación do equipo de procesado.

* Control dos parámetros de traballo do procesador.

* Realización de técnicas de deshidratación, aclarado e impregnación.

* Inclusión e confección de bloques.

-Preparación da estación de inclusión.

-Orientación da mostra dentro do bloque.

-Obtención do bloque.

-Valoración da calidade do bloque obtido.

Obtención de cortes no microtomo:

* Identificación das características do bloque e o estudio para realizar.

* Selección do microtomo en función das características do bloque.

* Determinación do grosor dos cortes.

* Selección e colocación da coitela.

* Colocación e desbastado do bloque.

* Axuste do microtomo ó grosor dos cortes seleccionado.

* Realización dos cortes e colocación destes no baño de flotación.

* Disposición dos cortes sobre o porta para a súa tinguidura.

Coloracións e tinguiduras citolóxicas e histolóxicas:

* Identificación do estudio para realizar.

* Selección de reactivos e/ou productos necesarios para a realización da técnica.

* Programación do equipo de proceso automático.

* Seguimento do proceso e temporalización.

* Control de calidade do proceso.

* Selección dos reactivos ou productos necesarios para a deshidratación, transparentado e montaxe das preparacións.

* Realización do proceso de deshidratación e transparentado das preparacións.

* Montaxe e etiquetaxe das preparacións.

* Comprobación da calidade da tinguidura.

Estudio microscópico:

* Conexión do microscopio e colocación da mostra.

* Enfoques.

* Selección de campos.

* Observación da calidade do corte, así como da tinguidura aplicada.

* Observación da mostra e detección de artefactos.

* Valoración global da calidade da preparación.

Contidos conceptuais

Laboratorio de anatomía patolóxica/citoloxía:

* Estructura: funcións, áreas e organización do traballo.

* Materiais e equipos: tipos, funcións, manexo e mantemento.

* Documentación: clínica, de rexistro, de traballo e estatística.

Recepción de mostras:

* A clasificación e o rexistro.

Normas de seguridade no laboratorio:

* Riscos específicos.

* Accidentes.

* Normas de seguridade: prevención e tratamento.

Operacións fisicoquímicas básicas no laboratorio de anatomía patolóxica/citoloxía:

* Productos de laboratorio: tipos, indicacións e mantemento.

* A preparación de reactivos, disolucións e tampóns: técnica e conservación.

Procesos básicos en citoloxía (citopreparacións):

* Tipos de mostras citolóxicas: características macroscópicas e significado diagnóstico.

* Procesos previos á fixación.

* Técnica de realización.

Procesado de tecidos:

* A fixación: fixadores, técnicas de preparación e aplicacións.

* A descalcificación e o amolecemento: reactivos e técnicas para empregar.

* O corte das mostras.

* A inclusión: medios e métodos.

* A confección de bloques: técnica.

* Microtomos: tipos, manexo e mantemento.

* Métodos de corte: coitelas, características e mantemento.

* Técnica de recollida e tratamento dos cortes.

Coloracións e tinguiduras citolóxicas e histolóxicas:

* Fundamento.

* Principais colorantes.

* Técnicas de tinguidura de rutina.

* A montaxe e conservación das preparacións.

Técnicas de coloración e tinguidura específicas:

* Colorantes e reactivos.

* Técnicas específicas.

Tinguiduras especiais para visualiza-los microorganismos en preparacións histolóxicas ou citolóxicas:

* Fundamento e procedementos básicos.

Histoquímica:

* Concepto e aplicacións.

* Fundamento e procedementos básicos.

Inmunohistoquímica:

* Concepto e fundamentos xerais.

* Procedementos básicos.

Estudio microscópico:

* Fundamento e descrición do microscopio.

* Tipos.

* Artefactos que poden impedir ou dificulta-lo diagnóstico.

* Normas de etiquetaxe, arquivo e conservación das mostras.

Ultramicrotomía:

* Características, manexo e mantemento do ultramicrotomo.

* Métodos de corte.

* Control de calidade do proceso de ultramicrotomía.

Microscopía electrónica:

* Concepto e fundamento.

Tecnoloxías especiais de investigación e/ou diagnóstico:

Contidos actitudinais

* Capacidade de selección das técnicas máis adecuadas de procesado e tinguidura segundo o estudio que se realice.

* Capacidade de decisión en situacións nas que a calidade das preparacións é insuficiente.

* Valoración da importancia da comprobación de resultados, da corrección sistemática das deficiencias de calidade do procesado e do funcionamento de microtomos.

* Rigor, pulcritude e eficacia na obtención de cortes no microtomo.

* Consciencia da importancia do seguimento de protocolos na realización de técnicas de estudio citohistolóxicos.

* Rigor e pulcritude na manipulación de mostras, cortes e preparacións.

* Valoración da importancia que ten a manipulación e conservación do material e dos equipos de laboratorio, para mantelos en perfectas condicións de uso.

* Consciencia da importancia que ten a colaboración co equipo de traballo do laboratorio, a coordinación e a adaptación a el, pola repercusión que ten no seu rendemento.

* Rigor e autosuficiencia na obtención de cortes, proceso e montaxe das preparacións.

* Imaxe de interese polas novas técnicas e productos comerciais que poidan mellora-la calidade das preparacións.

* Imaxe de interese polos avances tecnolóxicos e asimilación de novos métodos de traballo e protocolos técnicos que permitan obter resultados óptimos.

* Capacidade de adaptación a diferentes técnicas e traspasos de coñecementos a outros membros do equipo ou persoas en formación.

* Valoración da importancia da aplicación das normas de seguridade na manipulación do material, instrumental e equipos de laboratorio.

* Recoñecemento da importancia da aplicación de normas de protección ambiental na manipulación de mostras e productos de laboratorio, así como na eliminación de residuos de laboratorio, polos seus efectos sobre a saúde.

* Consciencia da importancia de respecta-lo segreto profesional.

3.2.4. Módulo profesional 4: citoloxía xinecolóxica:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-la selección e aproximación diagnóstica de citoloxías, baixo a supervisión do facultativo.

Capacidades terminais elementais

* Describi-los tecidos fundamentais da mama e do aparello xenital feminino que se poden observar microscopicamente.

* Diferencia-los distintos tipos de células nas mostras citolóxicas cervicovaxinais, de mama, de ovario, de trompas, de útero e de vulva, dependendo da súa forma, tamaño e características especiais, tendo en conta os patróns de normalidade.

.* Describi-la técnica de varrido e marcado de extensións citolóxicas, identificando os posibles artefactos nas citopreparacións que dificulten ou condicionen o diagnóstico, así como as súas causas.

* Identifica-las imaxes citolóxicas normais, dexenerativas, rexenerativas e tumorais que se poden observar nas mostras citoxinecolóxicas e da mama, a partir do estudio microscópico e os patróns de normalidade establecidos.

* Recoñece-las alteracións elementais das células e tecidos, relacionándoas cos procesos inflamatorios e infecciosos do aparello xenital feminino e da mama.

* Selecciona-las zonas das mostras citolóxicas que sexan representativas para establecer unha aproximación diagnóstica de benignidade ou malignidade, nos estudios de mama e do aparello xenital feminino.

* Diferencia-las características celulares e os criterios de malignidade xerais e específicos establecidos para realizar unha aproximación diagnóstica dos frotis cervicovaxinais, de mama, ovario, trompas, útero e vulva.

* Describi-las imaxes normais e patolóxicas obtidas no estudio microscópico das mostras, utilizando a terminoloxía técnica adecuada.

* Distingui-las etapas do desenvolvemento hormonal feminino e as fases do ciclo menstrual, relacionándoas coas modificacións que se producen na citoloxía normal de cérvix e a vaxina, debidos a factores hormonais fisiolóxicos.

* Identifica-los cambios que se producen na citoloxía normal de cérvix e vaxina, debidos a factores hormonais patolóxicos.

* Explica-la fisiopatoloxía da inflamación e a súa repercusión a nivel celular, indicando as principais infeccións cervicovaxinais, os microorganismos responsables delas e a clínica que presentan.

* Identificar microorganismos en citoloxías xinecolóxicas, tendo en conta a súa morfoloxía, características tintoriais e alteracións celulares que poden presentar.

* Determina-la compatibilidade ou incompatibilidade entre os datos clínicos do informe da paciente/cliente e as características do estudio citolóxico realizado.

* Rexistrar e arquiva-las preparacións e os resultados obtidos no estudio citolóxico no soporte adecuado, empregando a terminoloxía axeitada e a codificación habitual no laboratorio.

Contidos (duración 265 horas)

Contidos procedementais

Análise microscópica do frotis cervico-vaxinal, útero, vulva, trompas, ovario e mama:

* Identificación do tipo de frotis e da técnica de citopreparación empregada.

* Selección de campos por varrido e marcado de artefactos.

* Valoración dos resultados obtidos en cada un dos campos observados.

Características citolóxicas do frotis cervicovaxinal, útero, vulva, trompa, ovario e mama:

* Identificación de células segundo as características morfolóxicas, tendo en contra os patróns de normalidade.

* Selección de mostras e aproximación diagnóstica de malignidade ou benignidade, observable nos frotis cérvico-vaxinais.

* Identificación celular relacionándoa con factores hormonais fisiolóxicos e patolóxicos.

* Detección de microorganismos que poden aparecer nos frotis cervicovaxinais e identificación segundo as súas características morfolóxicas e de tinguidura.

* Detección de alteracións celulares que poden provoca-los microorganismos presentes nos frotis cervicovaxinais.

* Observación das características celulares normais e patolóxicas que se poden atopar na citoloxía de mostras de mama.

* Observación das características celulares normais e patolóxicas que se poden atopar na citoloxía de mostras de ovario, trompa, útero e vulva.

Emisión, rexistro e arquivo de resultados:

* Emisión de resultados tendo en conta a compatibilidade ou incompatibilidade cos datos clínicos achegados.

* Rexistro e arquivo dos resultados obtidos e das preparacións.

Elaboración de informes:

* Selección do modelo e soporte para empregar.

* Comprobación de que o informe recolle os seguintes aspectos:

-Especificación do tipo de frotis e da técnica empregada.

-Relación dos datos clínicos significativos e a súa interpretación.

-Relación de elementos normais ou patolóxicos.

-Descrición das características normais ou patolóxicas detectadas, utilizando a terminoloxía adecuada.

-Orientación diagnóstica e a súa xustificación científica.

* Arquivo dos informes.

Contidos conceptuais

Aparello xenital feminino:

* Anátomo-fisioloxía do aparello xenital feminino.

* Histoloxía do aparello xenital feminino.

* Cambios histolóxicos durante o ciclo ovárico, embarazo e lactación.

Glándula mamaria:

* Anatomo-fisioloxía da mama.

* Histoloxía da mama.

* Cambios histolóxicos da mama durante o ciclo ovárico, embarazo e lactación.

Epidemioloxía do cancro cervical e de mama:

* Incidencia na poboación.

* Programas de prevención e de diagnóstico precoz.

Técnicas de exploración e obtención de mostras do aparello xenital feminino e da mama:

* A obtención de mostras do aparello xenital feminino.

* A obtención de mostras da mama.

Técnicas de estudio citolóxico:

* O varrido e o marcado de preparacións.

* Artefactos.

Citopatoloxía do aparello xenital feminino e da mama:

* Vulva e vaxina.

* Cérvix e endometrio.

* Trompas e ovarios.

* Citopatoloxía da mama.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia que ten a coidadosa manipulación e conservación dos microscopios para mantelos en perfectas condicións de uso.

* Capacidade de elección selectiva das preparacións e toma de decisións cando hai modificacións ou alteracións celulares, tendo en conta a opinión do facultativo.

* Capacidade de decisión nas situacións en que a calidade da tinguidura non reúne as condicións axeitadas.

* Valoración da importancia da comprobación dos resultados cos da documentación clínica e corrección sistemática da calidade da tinguidura.

* Rigor e eficiencia no marcado e selección de campos para a comprobación polo facultativo, e na orientación diagnóstica das citopreparacións analizadas.

* Valoración da importancia que ten o seguimento dos protocolos na observación de campos microscópicos, selección e marcado das citopreparacións.

* Pulcritude e orde na manipulación das citopreparacións.

* Recoñecemento da importancia que ten o cumprimento das normas internas do laboratorio respecto ó marcado, codificación e arquivo das preparacións, así como o rexistro e a elaboración de informes.

* Consciencia da importancia que ten a elaboración co equipo de traballo do laboratorio, a coordinación e a adaptación a este, pola repercusión que ten no seu funcionamento.

* Interese polos avances científicos e capacidade de asimilación de novos métodos de traballo que fagan máis óptimos os resultados.

* Consciencia da importancia que ten mante-lo segredo profesional.

* Consciencia das implicacións que ten o traballo propio na saúde doutras persoas e na saúde pública.

3.2.5. Módulo profesional 5: citoloxía de segregacións e líquidos:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-la selección e aproximación diagnóstica de citoloxías, baixo a supervisión do facultativo.

Capacidades terminais elementais

* Describi-la histoloxía das vías respiratorias, membranas serosas e sinoviais, vías urinarias, meninxes e tubo dixestivo.

* Diferencia-los distintos tipos de células describindo as características que se poden observar nas preparacións de segregacións e líquidos corporais non xinecolóxicos.

* Recoñece-los patróns de normalidade celular nas segregacións e líquidos non xinecolóxicos.

* Describi-las imaxes observadas co microscopio, utilizando a terminoloxía adecuada nos informes clínicos e a súas implicacións no estudio citolóxico.

* Detectar artefactos nas mostras citolóxicas de líquidos e segregacións, que poidan dificultar ou condiciona-lo diagnóstico.

* Describi-las imaxes citolóxicas tumorais observables nas preparacións de líquidos e segregacións corporais, así como os criterios específicos de malignidade de cada tipo de tumor.

* Diferencia-las alteracións de tipo inflamatorio, infeccioso dexenerativo e rexenerativo das vías respiratorias, membranas serosas e sinoviais, vías urinarias, meninxes e tubo dixestivo, en función das alteracións observadas nos estudios citolóxicos.

* Selecciona-las zonas representativas das mostras e realizar unha aproximación diagnóstica de benignidade ou malignidade.

* Describi-las imaxes normais e patolóxicas de mostras citolóxicas de líquidos e segregacións relacionándoas cos datos clínicos achegados e utilizando a terminoloxía técnica axeitada.

* Explica-la inflamación e a súa repercusión na citoloxía de segregacións e líquidos corporais non xinecolóxicos.

* Identifica-los microorganismos que poden ser observados nos estudios citolóxicos de líquidos e segregacións corporais non xinecolóxicas.

* Relaciona-las alteracións morfolóxicas celulares e a presencia de células inflamatorias e microorganismos nos estudios citolóxicos de líquidos e segregacións cos procesos infecciosos e non infecciosos correspondentes.

* Describi-las alteracións morfolóxicas celulares que se poden observar nas distintas patoloxías dexenerativas non tumorais.

* Recoñece-las características celulares normais e patolóxicas dexenerativas non tumorais observables nas preparacións citolóxicas, relacionándoas cos datos clínicos do informe do paciente/cliente.

* Rexistrar e arquiva-las preparacións e os resultados obtidos nos estudios citolóxicos no soporte adecuado e utilizando a codificación habitual no laboratorio.

Contidos (duración 120 horas)

Contidos procedementais

Análise microscópica das citoloxías de líquidos e segregacións corporais non xinecolóxicos:

* Identificación do tipo de mostra e da técnica de citopreparación empregada.

* Selección de campos microscópicos e marcado de artefactos.

* Valoración dos resultados obtidos en cada un dos campos observados.

Características citolóxicas das preparacións de segregacións e líquidos corporais non xinecolóxicos:

* Observación das características celulares e comparación cos patróns de normalidade e malignidade xerais ou específicos, de ser necesario.

* Selección de mostras e aproximación diagnóstica de benignidade ou malignidade.

* Descrición das características celulares que se poden observar nos procesos inflamatorios, relacionándoas cos datos clínicos achegados.

* Identificación dos microorganismos segundo as súas características morfolóxicas e de tinguidura que poden aparecer nas preparacións citolóxicas de segregacións ou líquidos corporais non xinecolóxicos.

* Detección de alteracións celulares que poidan aparecer nas preparacións causadas por microorganismos.

* Identificación de células normais ou patolóxicas que se poidan observar, relacionándoas con datos clínicos do paciente-cliente.

Valoración de resultados:

* Emisión de resultados, tendo en conta a compatibilidade ou incompatibilidade cos datos clínicos achegados.

* Rexistro e arquivo dos resultados obtidos e das preparacións.

Elaboración de informes:

* Selección do modelo e soporte para empregar.

* Comprobación de que o informe recolle os seguintes aspectos:

-Especificación do tipo de frotis e da técnica empregada.

-Relación dos datos clínicos significativos e a súa interpretación.

-Relación de elementos normais ou patolóxicos.

-Descrición das características normais ou patolóxicas detectadas, utilizando a terminoloxía adecuada.

-Orientación diagnóstica e xustificación científica dela.

* Arquivo dos informes.

Contidos conceptuais

Histoloxía dos conductos e das cavidades corporais:

* Características e procedencia das mostras.

* Citoloxía normal. Características.

* Citopatoloxía.

* Tumores.

Citoloxía das vías respiratorias:

* Características e procedencia das mostras.

* Citoloxía normal. Características.

* Citopatoloxía.

* Tumores.

Citoloxía do tubo dixestivo:

* Características e procedencia das mostras.

* Citoloxía normal. Características.

* Citopatoloxía.

* Tumores.

Citoloxía das vías urinarias:

* Características e procedencia das mostras.

* Citoloxía normal. Características.

* Citopatoloxía.

* Tumores.

Citoloxía de derrames serosos e sinoviais:

* Características e procedencia das mostras.

* Citoloxía das cavidades serosas. Características.

* Citoloxía do líquido sinovial. Características.

* Citoloxía dos exsudados e traxudados.

* Citoloxía de procesos non tumorais.

* Citoloxía de procesos tumorais.

Citoloxía do líquido céfalo-raquídeo:

* Características e procedencia das mostras.

* Citoloxía normal. Características.

* Citoloxía das alteracións benignas.

* Citoloxía das alteracións malignas.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia que ten a manipulación e conservación dos microscopios para mantelos en perfectas condicións de uso.

* Capacidade de elección selectiva das preparacións e toma de decisións cando hai modificacións ou alteracións celulares, tendo en conta a opinión do facultativo.

* Capacidade de decisión nas situacións en que a calidade da tinguidura non reúne as condicións axeitadas.

* Valoración da importancia da comprobación dos resultados cos da documentación clínica e corrección sistemática da calidade da tinguidura.

* Rigor e eficiencia no marcado e selección de campos para a comprobación polo facultativo e na orientación diagnóstica das citopreparacións analizadas.

* Valoración da importancia que ten o seguimento dos protocolos na observación de campos microscópicos, selección e marcado das citopreparacións.

* Pulcritude na manipulación das citopreparacións.

* Recoñecemento da importancia que ten o cumprimento das normas internas do laboratorio respecto á marcaxe, codificación e arquivo das preparacións, así como o rexistro e elaboración de informes.

* Consciencia da importancia que ten mante-lo segredo profesional.

* Consciencia da importancia que ten a elaboración co equipo de traballo do laboratorio, a coordinación e a adaptación a este, pola repercusión que ten no seu funcionamento.

* Demostración de interese polos avances científicos e capacidade de asimilación de novos métodos de traballo que fagan óptimos os resultados.

* Consciencia das implicacións que ten o traballo propio na saúde doutras persoas e na saúde pública.

3.2.6. Módulo profesional 6: citoloxía de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-la selección e aproximación diagnóstica de citoloxías, baixo a supervisión do facultativo.

Capacidades terminais elementais

* Describi-la histoloxía de pel, pulmón, ril, próstata, testículo, glándulas que segregan a saliva, fígado, páncreas, ganglios linfáticos, tiroide, suprarrenais, ósos, sistema nervioso e globo ocular.

* Diferencia-las características dos distintos tipos de células que se poden observar nas preparacións de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción.

* Recoñece-los patróns de normalidade celular nas mostras non xinecolóxicas obtidas por punción.

* Describi-las imaxes observadas co microscopio empregando a terminoloxía axeitada nos informes clínicos, e indica-las súas implicacións no estudio citolóxico.

* Detectar artefactos nas citopreparacións non xinecolóxicas obtidas por punción, a partir da observación macroscópica e microscópica que pode dificultar ou condiciona-lo diagnóstico, así como as súas causas.

* Describi-las imaxes citolóxicas tumorais observables nas preparacións de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción, así como os criterios específicos de malignidade de cada tipo tumoral.

* Diferencia-las alteracións de tipo inflamatorio, infeccioso, dexenerativo e rexenerativo da pel, pulmón, ril, próstata, testículo, glándulas que segregan a saliva, fígado, páncreas, ganglios linfáticos, tiroide, suprarrenais, ósos, sistema nervioso e globo ocular, en función das alteracións celulares observadas nos estudios citolóxicos.

* Selecciona-las zonas representativas das mostras, realizando unha aproximación diagnóstica de benignidade ou malignidade.

* Describi-las características celulares normais e patolóxicas observables nas preparacións citolóxicas de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción,

relacionándoas cos datos clínicos achegados e utilizando a terminoloxía axeitada.

* Explica-la inflamación e a súa repercusión na citoloxía de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción.

* Identifica-los microorganismos que poden ser observados nas citoloxías de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción a partir da súa morfoloxía, características tintóreas e alteracións celulares que provocan.

* Relaciona-las alteracións na morfoloxía celular e a presencia de microorganismos ou células inflamatorias nas citoloxías de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción, cos procesos infecciosos e non infecciosos correspondentes.

* Describi-las alteracións morfolóxicas celulares que se poidan observar nas distintas patoloxías dexenerativas non tumorais.

* Recoñece-las características celulares normais e patolóxicas observables nas preparacións citolóxicas de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción, relacionándoas cos datos clínicos achegados e utilizando a terminoloxía axeitada.

* Rexistrar e arquiva-las preparacións e os resultados obtidos nos estudios citolóxicos, no soporte establecido, empregando a terminoloxía axeitada e a codificación habitual no laboratorio.

* Determina-la compatibilidade ou incompatibilidade entre as características do estudio citolóxico realizado e os datos clínicos do informe do paciente/cliente.

Contidos (duración 120 horas)

Contidos procedementais

Análise microscópica das citoloxías de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción:

* Identificación do tipo de mostra e da técnica de preparación empregada.

* Selección de campos por varrido e marcado de artefactos.

* Valoración dos resultados obtidos en cada un dos campos observados.

Características citolóxicas das mostras non xinecolóxicas obtidas por punción:

* Identificación de células segundo a súas características morfolóxicas, tendo en conta os patróns de normalidade ou malignidade xerais ou específicos, se é necesario.

* Selección de mostras e aproximación diagnóstica de benignidade ou malignidade observable nas preparacións.

* Descrición das características celulares que se poidan observar nos procesos inflamatorios, relacionándoos cos datos clínicos achegados.

* Detección dos microorganismos que poidan aparecer nas preparacións de mostras e identificación segundo as súas características morfolóxicas e de tinguidura.

* Detección das alteracións celulares que poidan provoca-los microorganismos presentes nas mostras.

* Identificación de células normais e patolóxicas que se poidan observar nas preparacións, relacionándoas cos datos clínicos achegados.

Valoración dos resultados:

* Emisión de resultados, tendo en conta a compatibilidade ou incompatibilidades cos datos clínicos achegados.

* Rexistro e arquivo das preparacións e dos resultados obtidos.

Elaboración de informes:

* Selección do modelo e soporte para empregar.

* Comprobación de que o informe recolle os seguintes aspectos:

-Especificación do tipo de frotis e da técnica empregada.

-Relación dos datos clínicos significativos e a súa interpretación.

-Relación de elementos normais ou patolóxicos.

-Descrición das características normais ou patolóxicas detectadas, utilizando a terminoloxía adecuada.

-Orientación diagnóstica e a súa xustificación científica.

* Arquivo dos informes.

Contidos conceptuais

Obtención de mostras por punción aspiración por agulla fina:

Histoloxía dos órganos susceptibles de punción:

Citoloxía de masas palpables:

-Obtención e características das mostras.

-Citoloxía normal.

-Citopatoloxía.

-Tumores.

* Citoloxía dos ganglios linfáticos.

* Citoloxía da glándula tiroide.

* Citoloxía da pel e de tecidos moles.

* Citoloxía da próstata.

Citoloxía de órganos non palpables ou masas profundas:

* Citoloxía do aparello respiratorio: pulmóns, pleura e mediastino.

* Citoloxía dos órganos dixestivos: fígado e páncreas.

* Citoloxía do sistema uroxenital: ril, adrenais, retroperitoneo e testículos.

* Citoloxía do óso.

* Citoloxía do ollo: órbita e globo ocular.

* Citoloxía do sistema nervioso central.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia que ten a manipulación e conservación dos microscopios para mantelos en perfectas condicións de uso.

* Capacidade de elección selectiva das preparacións e toma de decisións cando hai modificacións ou alteracións celulares, tendo en conta a opinión do facultativo.

* Capacidade de decisión nas situacións en que a calidade da tinguidura non reúne as condicións axeitadas.

* Valoración da importancia da comprobación dos resultados cos da documentación clínica e corrección sistemática da calidade da tinguidura.

* Rigor e eficiencia no marcado e selección de campos para a comprobación polo facultativo e na orientación diagnóstica das citopreparacións analizadas.

* Valoración da importancia que ten o seguimento dos protocolos na observación de campos microscópicos, selección e marcado das citopreparacións.

* Pulcritude na manipulación das citopreparacións.

* Recoñecemento da importancia que ten o cumprimento das normas internas do laboratorio respecto ó marcado, codificación e arquivo das preparacións, así como o rexistro e a elaboración de informes.

* Consciencia da importancia que ten mante-lo segredo profesional.

* Consciencia da importancia que ten a elaboración co equipo de traballo do laboratorio, a coordinación e a adaptación a este, pola repercusión que ten no seu funcionamento.

* Demostración de interese polos avances científicos e capacidade de asimilación de novos métodos de traballo que fagan óptimos os resultados.

* Consciencia das implicacións que ten o traballo propio na saúde doutras persoas e na saúde pública.

3.2.7. Módulo profesional 7: fotografía macro e microscópica:

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-lo rexistro fotográfico das pezas e preparacións a nivel macroscópico, microscópico e ultramicroscópico.

Capacidades terminais elementais

* Describi-las técnicas de rexistro iconográfico relacionándoas co tipo e as características de rexistro para obter.

* Selecciona-los equipos e o material de rexistro iconográfico necesarios para a obtención de imaxes macroscópicas, microscópicas e ultramicroscópicas, identificando as súas características, funcións, prestacións, condicións de uso e mantemento.

* Describi-las técnicas de preparación de pezas macroscópicas cirúrxicas e necrópsicas segundo o tipo e as características, sinalando os datos que as identifican e marcando a patoloxía que interesa resaltar.

* Obter imaxes fotográficas ou videográficas de pezas macroscópicas cirúrxicas e necrópsicas.

* Describi-los procedementos de elaboración de documentación técnica para a docencia ou investigación, partindo de información escrita, esquemas e rexistros gráficos, para a obtención de imaxes fotográficas.

* Describi-las técnicas de selección e obtención de imaxes microscópicas e ultramicroscópicas.

* Selecciona-lo tempo de exposición, os filtros e o grao de iluminación, ademais de axusta-los elementos ópticos dos equipos fotográficos e videográficos, adecuándoos ó tipo e ás características das mostras en función de resultados que se pretende obter.

* Realizar rexistros fotográficos e videográficos aplicando procedementos establecidos e comprobando que o nivel de calidade sexa o adecuado.

* Diferencia-los distintos métodos e técnicas de revelado de películas fotográficas utilizadas en fotografía clínica, explicando o seu fundamento.

* Describi-los diferentes tipos de películas relacionándoas co método de proceso adecuado a cada unha.

* Realizar técnicas e métodos de proceso utilizando o material e os equipos adecuados en cada caso.

* Selecciona-los equipos e o material necesario para positivaxe en papel ou película, explicando as técnicas e os procedementos para aplicar en cada caso.

* Realizar ampliacións axustando o equipo para utilizar segundo as características do rexistro iconográfico, seguindo as súas instruccións técnicas.

* Describi-los distintos tipos de material iconográfico para rexistrar e arquivar segundo a súa procedencia e especificacións clínicas.

* Rexistrar imaxes fotográficas e videográficas logo de asignación dun código de identificación establecido.

* Describi-los distintos tipos de arquivos especificando a súa utilidade e manexo.

* Arquivar diferentes tipos de rexistro iconográfico, seleccionando o tipo de arquivo adecuado en cada caso.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Preparación do material e equipos fotográficos:

* Selección do tipo de película, cámara e óptica adecuada.

* Comprobación das condicións do material para utilizar.

* Identificación do tipo e as características da mostra.

* Identificación da imaxe para rexistrar.

* Selección da iluminación do campo e colocación dos filtros adecuados.

Rexistro iconográfico:

* Realización de medicións fotométricas das mostras.

* Regulación dos controis de exposición, segundo as medicións fotométricas axeitadas á mostra que se fotografe.

* Preparación da peza macroscópica ou centrado das imaxes da preparación microscópica.

* Selección da composición e enfoque das imaxes.

* Identificación da peza, ou marcado sobre as zonas que se resalten.

* Realización do rexistro.

Revelado de emulsións e positivaxe:

* Acondicionamento do laboratorio fotográfico.

* Selección do método de proceso adecuado en función das características da película.

* Selección do material e dos productos necesarios para levar a cabo o proceso de revelado.

* Preparación de reactivos químicos utilizados no proceso.

* Realización da secuencia de baños que precisa o proceso, segundo o tipo de material fotográfico e o proceso elixido.

* Levar a cabo o secado das emulsións.

* Realización da positivaxe en papel, utilizando o material e o equipo adecuado en cada caso.

* Realización do secado e do acabado da fotografía en papel.

* Seguimento do control de calidade da imaxe.

Rexistro e arquivo dos rexistros iconográficos:

* Identificación da procedencia e especificacións clínicas da imaxe.

* Asignación de códigos de identificación adecuados.

* Rexistro no soporte establecido.

* Clasificación e arquivo do material iconográfico.

Contidos conceptuais

Bases físicas da fotografía:

* A imaxe.

Técnicas fotográficas:

* Conceptos de óptica fotográfica.

* Equipos: características, funcionamento e manexo.

* Fotografía en branco e negro: técnicas de revelado e positivaxe.

* Fotografía en cores: técnicas de revelado e positivaxe.

A fotografía en anatomía patolóxica:

* Fotografía macroscópica: en autopsias, de pezas cirúrxicas e de esquemas científico-didácticos.

* Microfotografía: microscopía óptica de tecidos e citoloxías; microscopía de fluorescencia e microscopía electrónica.

* Indicacións en anatomía patolóxica.

Rexistro videográfico:

* Equipos, características, funcionamento e manexo.

* Indicacións en anatomía patolóxica.

Contidos actitudinais

* Recoñecemento da importancia de te-lo material e os equipos en perfectas condicións de uso.

* Cumprimento das normas de utilización e mantemento dos equipos de rexistro e revelado.

* Capacidade de decisión cando o funcionamento dos equipos de rexistro ou revelado é incorrecto.

* Valoración da importancia da calidade dos rexistros técnicos.

* Consciencia da importancia da corrección sistemática dos erros detectados nos rexistros fotográficos.

* Valoración da importancia que ten levar unha orde na preparación das pezas e das preparacións para rexistrar e do equipo fotográfico ou videográfico.

* Recoñecemento da importancia da coordinación do equipo de traballo que participa na realización dos rexistros iconográficos.

* Rigor e pulcritude na obtención de rexistros, seguindo as indicacións do facultativo correspondente.

* Interese polos avances tecnolóxicos no campo da fotografía científica.

* Valoración da importancia que ten toma-las máximas precaucións no traballo cos productos químicos que se manexen.

* Demostrar respecto polas normas ambientais, na preparación e eliminación de productos químicos.

3.2.8. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 90 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1Clarifica-la tipoloxía, organización e o funcionamento do proxecto para planifica-los recursos necesarios e analiza-la súa viabilidade.* Selecciona, dentro do contorno profesional, o subsector onde se vai desenvolve-lo proxecto.

* Procura información específica sobre o subsector elixido.

* Elabora o guión do traballo que se vai seguir para a realización do proxecto.
* Define a tipoloxía do proxecto en función do servicio ou unidade destinataria.
* Establece o organigrama do persoal necesario para desenvolve-lo proxecto.
* Deseña a metodoloxía de traballo máis axeitada para facer óptimos os resultados do proxecto ou aumenta-la súa eficacia.

2Analiza-las técnicas de preparación e proceso de mostras de tecidos e citopreparacións que se poidan aplicar para a realización dun estudio histolóxico e citolóxico determinado.* Analiza os aspectos que poden incidir no desenvolvemento da actividade.

* Analiza as características espaciais requiridas no desenvolvemento do traballo.

3Prepara-los equipos, materiais, reactivos e productos de laboratorio necesarios para o proceso das mostras histolóxicas e citopreparacións.* Fai un inventario do material necesario.

* Prepara e ordena o material para o seu doado acceso na elaboración da técnica.

* Comproba o cumprimento das normativas de seguridade.

4Procesa-las mostras histolóxicas e as citopreparacións seguindo os protocolos das técnicas seleccionadas.* Comproba a procedencia das mostras e rotúlaas ou sinálaas para evitar erros de identificación, seguindo a normativa estipulada.
* Cubre os rexistros das mostras, seguindo os protocolos establecidos.
* Procesa as mostras cumprindo criterios normativizados.

5Realiza-la orientación diagnóstica das preparacións a partir do estudio macroscópico e microscópico.* Compara entre as marxes observadas e os patróns de normalidade e anormalidade.

* Fai unha orientación diagnóstica en función dos estudios realizados.

6Establecer criterios de avaliación para mellora-lo proxecto e previ-lo seu fracaso.* Analiza e/ou establece os criterios de calidade na execución do proxecto.

* Selecciona métodos de control de calidade e avaliación dos resultados.

* Deseña estratexias que permitan reconduci-lo proxecto cando non se acaden os obxectivos previstos.

7Realizar cambios no sistema para a mellora da súa funcionalidade, rendemento e seguridade.* Comproba que se cumpren as normas de seguridade básicas no manexo de información confidencial.
* Comproba que o rendemento do proxecto é axeitado, e reformúlao se non fose así.

3.3. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 710 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1Participar na xestión e organización da área de traballo.* Comproba os datos de afiliación do paciente e rexístraos no soporte adecuado, segundo as normas internas.
* Dálle información ó paciente sobre a preparación previa, aténdose a protocolos establecidos, segundo o tipo de proba que se realice.

2Participar na xestión de existencias e inventarios.* Identifica as necesidades de reposición.

* Formula documentos de pedido, recepción e comprobación do recibido.

* Almacena material e instrumental recibido no seu lugar correspondente e nas condicións adecuadas, tendo en conta protocolos establecidos.
* Distribúe o material e instrumental ás diferentes unidades de traballo.
* Realiza o rexistro no soporte adecuado.

3Participar nas actividades relacionadas coa realización de necropsias clínicas e médico-legais.* Comproba os datos do cadáver e da documentación correspondente.

* Rexistra a recepción do cadáver, e asigna códigos segundo protocolos establecidos á documentación, ó informe final e ás pezas necrópsicas.

* Prepara previamente o cadáver para estudiar e o instrumental necesario segundo o tipo de autopsia que se vaia realizar.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Sigue o protocolo establecido na realización das necropsias e segundo as indicacións do patólogo.
* Coloca os órganos e as mostras extraídas nos contedores adecuados e no fixador correspondente.
* Prepara o material necesario para o rexistro oral e visual da descrición macroscópica dos órganos.
* Recompón, limpa e acondiciona o cadáver, segundo o protocolo da unidade de necropsias.
* Rexistra e envía mostras ós laboratorios de anatomía patolóxica, medicina legal e toxicoloxía, segundo protocolos establecidos.

4Participar nas actividades relacionadas co procesado de tecidos.* Identifica, conserva e codifica pezas necrópsicas, cirúrxicas e biópsicas.
* Clasifica, distribúe e rexistra as pezas necrópsicas, cirúrxicas e biópsicas ás diferentes áreas.
* Prepara o material e os equipos necesarios para a obtención de mostras.
* Asiste o patólogo na selección de mostras das pezas necrópsicas, cirúrxicas e biópsicas para procesar.
* Fixa as mostras segundo a técnica que se vaia utilizar.
* Rexistra os procesos para realizar en cada mostra e a asignación de códigos segundo protocolo.
* Prepara o material necesario para o rexistro oral e visual, se é necesario.
* Etiqueta os soportes empregados, proceso (revelado) e arquiva os rexistros, segundo as normas do laboratorio.
* Prepara o equipo e realiza a técnica de proceso de tecidos.
* Prepara a estación de inclusión, confección e codificación dos bloques de parafina.

5Participar nas actividades relacionadas coa obtención de cortes non microtomos.* Selecciona os microtomos en función das características do bloque.

* Desbasta o bloque.

* Prepara o microtomo en función do tipo de corte seleccionado.
* Prepara o baño de flotación.
* Realiza cortes, colócaos no baño de flotación e disponos no portaobxectos.

6Participar nas actividades relacionadas coas coloracións e tinguiduras citolóxicas e histolóxicas.* Identifica o estudio para realizar, selecciona reactivos ou productos necesarios para levalos a cabo.
* Programa o equipo de proceso automático, sigue o proceso e controla a súa calidade.
* Selecciona os reactivos ou productos necesarios para a deshidratación, transparentado e montaxe de preparacións e realización do proceso.
* Monta e etiqueta as preparacións segundo protocolos establecidos e controla a súa calidade.

7Participar nas actividades relacionadas co proceso de mostras para o estudio ultramicroscópico.* Realiza o procesado de mostras seguindo os protocolos establecidos.

* Prepara o ultramicrotomo, as coitelas e desbasta os bloques.

* Obtén, monta e tingue cortes e controla a súa calidade.

8Participar na formalización da documentación do servicio ou unidade.* Realiza informes e transcribe ó soporte adecuado seguindo o protocolo establecido de forma pulcra, ordenada e utilizando a terminoloxía específica axeitada.
* Respecta as normas de confidencialidade en relación cos datos persoais e clínicos do paciente ós que se teña acceso.
* Selecciona o programa axeitado, introduce e almacena a información.

9Participar nas actividades relacionadas coa selección e aproximación diagnóstica de citopreparacións.* Realiza extensións celulares e proceso de citopreparacións.

* Comproba datos clínicos e de identificación da mostra.

* Realiza a fixación e tinguidura das citopreparacións, segundo a orientación diagnóstica achegada na documentación.
* Realiza a deshidratación, transparentado e montaxe, seguindo protocolos establecidos.
* Controla a calidade das citopreparacións.
* Prepara e usa o microscopio.
* Selecciona sistematicamente os frotis, en función da mostra e dos datos achegados.
* Realiza o marcado de células anormais e artefactos, empregando a simboloxía adecuada.
* Rexistra os resultados obtidos empregando a terminoloxía e os códigos axeitados.
* Dispón as preparacións e a documentación correspondente en condicións axeitadas para o estudio posterior por parte do facultativo.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Arquiva os resultados e as citopreparacións, segundo protocolos establecidos.

10Participar no acondicionamento da área de traballo.* Limpa, desinfecta e almacena o material, os reactivos e as mostras procesadas.
* Elimina refugallos e de material dun só uso, segundo protocolos establecidos.
* Comproba que a unidade e os equipos reúnen as condicións axeitadas para o seu posterior uso.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada a seguinte modalidade de bacharelato:

* Ciencias da natureza e da saúde.

* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

* Bioloxía.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de anatomía patolóxica e citoloxía:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de anatomía patolóxica e citoloxíaProcesos sanitariosProfesor de ensino secundario

2NecropsiasProcesos sanitariosProfesor de ensino secundario

3Proceso de tecidos e citopreparaciónProcedementos sanitarios e asistenciaisProfesor técnico de FP

4Citoloxía xinecolóxicaProcesos sanitariosProfesor de ensino secundario

5Citoloxía de segregacións e líquidosProcesos sanitarios

Profesor especialista (1)

Profesor de ensino secundario

Profesor especialista (1)

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

6Citoloxía de mostras non xinecolóxicas obtidas por punciónProcesos sanitarios

Profesor especialista (1)

Profesor de ensino Secundario

Profesor especialista (1)

7Fotografía macro e

microscópica

Procedementos sanitarios e asistenciais

Técnicas e procedementos de imaxe e son

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaProcesos sanitariosProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos sanitarios-Diplomado en enfermería

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de anatomía patolóxica e citoloxía require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m20%

Laboratorio de análises90 m60 m40%

Laboratorio de microbioloxía60 m60 m40%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Proceso de tecidos e citopreparación.

* Citoloxía xinecolóxica.

* Citoloxía de segregacións e líquidos.

* Fotografía macro e microscópica.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de anatomía patolóxica e citoloxía.

* Citoloxía xinecolóxica.

* Citoloxía de segregacións e líquidos.

* Proceso de tecidos e citopreparación.

* Fotografía macro e microscópica.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Mestre (en tódalas súas especialidades).

* Diplomado en educación social.

* Diplomado en enfermería.

* Diplomado en fisioterapia.

* Diplomado en logopedia.

* Diplomado en podoloxía.

* Diplomado en terapia ocupacional.

* Diplomado en traballo social.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

80Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de anatomía patolóxica e citoloxía

160Necropsias

265Proceso de tecidos e citopreparación

265Citoloxía xinecolóxica

55Fotografía macro e microscópica

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

120Citoloxía de segregacións e líquidos

120Citoloxía de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción

90Proxecto integrado

710Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.