Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do reformado do estudio de detalle de remodelación de volumes no polígono 22 do PERI do Calvario relativo ás parcelas C1 e D1.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do día 21 de setembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o reformado do estudio de detalle para a ordenación de volumes no polígono nº 22 do PERI O Calvario parcelas C1 e D1 solicitado en data 5 de maio de 2000 pola entidade Construcciones y Promociones Casbrey, S.L. redactado polos arquitectos Lourdes Pérez Castro e Óscar Andrés Quintela e con visado do COAG do 3 de maio, 5 de xuño e 12 de xullo de 2000.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase a disposición do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que por resultar des

coñecido ou ignorado o seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo de Vigo