Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso para a concesión da xestión e explotación do servicio municipal da piscina climatizada, ximnasio e servicios complementarios do Concello de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Nº de expediente: 276/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión dos servicios municipais da piscina climatizada, ximnasio e servicios anexos do Concello de Verín, mediante a xestión, explotación e mantemento das instalacións correspondentes que serven de soporte material ó servicio.

b) Lugar de execución: piscina climatizada de Verín.

c) Prazo da concesión: dez anos (prorrogables).

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución das obras: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: non se establece previamente e será proposto libremente polos concursantes.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: 500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o vixésimo sexto día natural (26 días naturais), que se contarán a partir do da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación de contratista. Deberán acredita-la súa solvencia técnica, económica e financeira, segundo o previsto no prego de cláusulas.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural (26 días naturais) que se contarán a partir do da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse consonte co establecido na cláusula décima do prego das administrativas particulares que rexen no concurso.

c) Lugar de presentación: mesmos datos do punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: dous meses desde a apertura.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base duodécima das da contratación.

b) Consulta documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios.

Serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 3 de outubro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde