Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MANZANEDA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Manzaneda.

2. Obxecto do contrato: execución da obra rede de sumidoiros en Bidueira-Requeixo e outros, nº 44/PB/00 no Concello de Manzaneda. Prazo: 5 meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 10.780.500.

5. Garantías. Provisional: 2%. Definitiva: 4%.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Manzaneda, r/ Cabarca, nº 10, 32781 Manzaneda. Teléfono: 988 33 30 43, fax: 988 33 30 48.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación non requirida.

8. Presentación de proposicións. No Concello de Manzaneda (Ourense) durante os 13 días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último boletín no que apareza (DOG ou BOP), das 9 ás 14 de luns a venres, no rexistro xeral do concello ou na forma sinalada na cláusula 10.1 do prego de condicións.

b) Documentación que se presentará: as proposicións constarán de dous sobres cerrados: A, denominado «Proposición» e B, denominado «Documentación», para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula IX do prego de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. Modelo de proposición contido no prego de condicións, así como no anuncio do BOP de Ourense, onde consta máis información.

Manzaneda, 4 de outubro de 2000.

José Hervella Carrera

Alcalde