Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERREI

EDICTO sobre a contratación das obras de depuración de augas residuais en Sandín e Flariz.

A Comisión de Goberno, en sesión do 28 de setembro de 2000, aprobou o expediente de contratación por concurso en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, da seguinte obra: depuración de augas residuais en Sandín e Flariz.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Monterrei.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto e lugar de execución: depuración de augas residuais en Sandín e Flariz.

b) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso, autorízanse melloras.

4. Orzamento base de licitación: 14.655.441 ptas.

5. Garantías.

-Provisional: 293.109 ptas.

-Definitiva: 4% do remate no que se inclúe o importe da mellora.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa Fontiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: Albarellos, 32618.

d) Teléfono: 988 41 80 02.

e) Telefax: 988 42 57 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores será a prevista no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Monterrei.

2ª Domicilio: rúa Fontiñas, nº 2.

3ª Localidade e código postal: Albarellos, 32618.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa Fontiñas, nº 2.

c) Localidade: Albarellos, 32618.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán sempre por conta do adxudicatario.

Monterrei, 4 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado