Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, por delegación da alcaldía, acordou aprobar na súa sesión ordinaria do día 13 de setembro de 2000, o Plan parcial do Regueiriño Sur, SUE-1 redactado polo arquitecto Javier Bugallo Thielen, da empresa Urbanismo, Arquitectura e Medio Ambiente, S.L., de iniciativa municipal.

De conformidade co disposto no artigo da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial

de Galicia, durante o cal poderá examinarse nas oficinas municipais, nas horas de oficina, e formularse, se é o caso, as alegacións que se consideren procedentes, que deberán ir dirixidas ó alcalde.

Lalín, 15 de setembro de 2000.

José Crespo Iglesias

Alcalde-presidente