Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, das obras de execución dun campo de fútbol de herba artificial en Bouzas.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo, dependencia: deportes, nº expediente 2613/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do campo de fútbol de herba artificial en Bouzas (Vigo).

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 69.727.935 ptas.

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36203 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicita-la documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupos todos, categoría e.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 29 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde