Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación para subministración de figuras de porcelana con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 00/1551 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de figuras de porcelana con destino á Deputación Provincial da Coruña, reproduccións da escultura Guardián de Mariñán, de Antonio García Patiño, propiedade da deputación.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 6.500.000 ptas. (39.065,79 euros).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 2 de outubro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña