Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

ANUNCIO do 28 de setembro de 2000 sobre licitación de obras.

A Comisión de Goberno deste concello, na súa sesión extraordinaria do 27 de setembro do 2000, aprobou o expediente de contratación e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) das obras que se relacionan no punto 2, que se expón ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Simultaneamente, anúnciase o concurso paara a presentación das propostas.

As licitacións poderanse aprazar no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.-Organismo: Comisión de Goberno do concello.

2. Obxecto do contrato.

Denominación: Centro de Interpretación do Patrimonio. Orzamento: 35.750.485 ptas. Financiamento: Unión Europea (Adim-Leader II): 23.237.815 ptas. Xunta de Galicia: 10.000.000 de ptas. Concello: 2.512.670 ptas. Garantía provisional: 715.010 ptas. Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Criterios de selección: os sinalados na cláusula III do prego de cláusulas administrativas.

5. Clasificación do contratista: grupo C; subgrupo: todos; categoría C.

6. Garantías.-Provisional: indícase no punto 2 deste anuncio. Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

7. Obtención da documentación e información: secretaría do concello, praza do concello, 1. 32652 Rairiz de Veiga. Teléfono: 988 46 55 52 . Fax: 988 46 55 55, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación de ofertas.-Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: Concello de Rairiz de Veiga, das nove ás catorce horas.

9. Apertura de ofertas: ás trece horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (excepto sábados) no Salón de Plenos deste concello.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Rairiz de Veiga, 28 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado