Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (869/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 21 de setembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do SU-32 polígono 5B do PXOU de Ourense, por pedimento de Manuel Fernández González en representación de Viñafersa, S.L., coas condicións sinaladas polos servicios de Enxeñería e Eléctrico, dos que se dará traslado ó interesado, e logo de constitución de garantía na cantidade de 12.229.736 ptas. (doce millóns duascentas vintenove mil setecentas trinta e seis pesetas).

2. Somete-lo dito expediente a información pública polo prazo dun mes, anunciando esta no BOP, no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

De conformidade co disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última públicación oficial deste anuncio.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de setembro de 2000.

Aurelio Gómez Villar

Alcalde accidental