Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

En sesión plenaria do 28-3-2000, aprobáronse provisionalmente as modificacións das normas subsidiarias municipais das parcelas 1 ata 16, ambas inclusives, da urbanización San Antoniño do Concello de Mos, segundo os parámetros do artigo 18 para zona Z3.

Tipo de ordenación: vivenda unifamiliar illada ou pegada de dúas en dúas.

Parcela mínima: 500 m.

Ocupación máxima: 25%.

Altura máxima edificable: 6 m, dúas plantas.

Coeficiente de edificabilidade: 0,8 m/m.

Recuamentos á fachada: 5 m.

Recuamentos a lindeiros: 3 m.

Cumprindo tódolos parámetros das zonas planteadas.

Na zona Z-3 baixa, a parcela mínima é de 500 m, co cal o número de vivendas unifamiliares se reduce, con respecto ó planteamento actual, producíndose unha menor densidade da poboación e volume edificatorio que na urbanización de orixe. Tipoloxía edificatoria.

A tipoloxía das vivendas do planeamento actual consiste en grupos de vivendas pegadas de 6, ata completar un total de 95 vivendas.

A topoloxía do proxecto será a seguinte:

Parte alta, correspondente á zonificación (Z2-A), vivendas unifamiliares pareadas, pegadas dúas a dúas.

Parte baixa, correspondente á zonificación de vivendas unifamiliares illadas.

Con total de 65 vivendas, reducindo o número destas con respecto ó planeamento actual.

Nova parcelación.

No planeamento actual consta de 16 parcelas, da 1 ata a 16, ambas incluídas.

En proxecto realizamos 65 parcelas, corenta na zona (Z2-A) e 25 na zona (Z3).

Apertura da nova vía.

Que divide fisicamente o terreo en dúas partes, o cal implica dúas zonificacións diferentes.

A vía proxectada terá 4,50 m de calzada e 1,80 m de beirarrúa por cada lado, para dar cumprimento o artigo 6 do anexo da Lei 8/1997. O sentido da circulación será único e indicado no plano da rede viaria.

O largo total será de 8,10 m, co cal o peche do predio estará a 4,05 m do eixe da vía, cumprindo co artigo 61 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

A nova vía soluciona o acceso á totalidade das parcelas, mellorando o do planeamento actual, por motivo das fortes pendentes que temos nas parcelas.

As obras de urbanización e apertura da vía, serán por conta da empresa promotora Rúas de Mos, S.L.

Mos, 28 de agosto de 2000.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde