Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000 pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para a organización das seguintes actividades: a organización do IX Concurso Galego-Portugués de Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal. A organización de varios desprazamentos no marco da colaboración educativa co norte de Portugal.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no Servicio de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00), faise público:

Obxecto: a organización da participación da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas seguintes actividades:

-A organización do IX Concurso Galego-Portugués de Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal.

-A organización de varios desprazamentos no marco da colaboración educativa co norte de Portugal.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 19.500.000 ptas., IVE incluído.

4. Garantía provisional: 390.000 ptas.

5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no

rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 10 horas do terceiro día contado a partir do seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.

8. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2000.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística