Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, trámite de urxencia e procedemento aberto, da asistencia técnica para a redacción do estudio informático e impacto ambiental da vía de alta capacidade de conexión da Mariña Lucense coa autovía do Cantábrico. (Clave LU/00/63.0).

Advertido erro, na devandita resolución publicada no DOG nº 196, do luns, 9 de outubro de 2000, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 13.876, onde di: «Orzamento: 73.103.200 ptas. (sesenta e tres millóns cento tres mil duascentas pesetas),... », debe dicir: «Orzamento: 73.103.200 ptas. (setenta e tres millóns cento tres mil duascentas pesetas)».