Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000 pola que se concova concurso, con intervención de xurado e participación limitada, de ideas a nivel de anteproxectos para a construcción dun auditorio pazo de congresos na avenida de Beiramar na cidade de Vigo.

1. Nome e enderezo da entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

Edificio administrativo San Caetano, s/n.

15704 Santiago de Compostela. A Coruña. España.

Teléfonos: 981 54 43 82 e 981 54 43 71.

Faxes: 981 54 43 43 e 981 54 53 35.

2. Descrición do proxecto: propostas arquitectónicas a nivel de anteproxectos, para as obras de construcción dun auditorio pazo de congresos na avenida de Beiramar na cidade de Vigo.

3. Tipo de concurso: de ideas para o anteproxecto, con intervención de xurado e participación limitada, de acordo co artigo 216 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Profesionais destinatarios: arquitectos.

5. a) Número previsto de participantes que serán invitados a presentar traballos: mínimo de tres (3) e máximo de cinco (5).

b) Data límite de recepción de solicitudes de participación: 13 de novembro de 2000.

c) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo. Edificio administrativo San Caetano. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña. España.

d) Solicitude da documentación: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda. Edificio administrativo San Caetano. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña.

Teléfonos: 981 54 43 82 e 54 43 71. Telefax: 981 54 43 43 y 981 54 53 35.

e) Lingua na que deben redactarse os documentos: galego ou castelán.

f) Criterios que se aplicarán para selecciona-los participantes: os establecidos no prego de bases.

6. Criterios que se aplicarán para valora-los anteproxectos: os seguintes establecidos no prego de bases:

Interese do edificio, funcionalidade da proposta, as solucións tecnolóxicas e a integración urbana que propoña o documento.

7. Premios e aboamentos ós participantes: os establecidos no prego de bases.

8. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 21 de setembro de 2000.

9. Información complementaria: o importe do presente anuncio será aboado, proporcionalmente, polos concursantes seleccionados.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda