Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e impacto ambiental da vía de conexión da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense coas estradas N-640 e AC-533 en Lalín.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 12.078.500 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e avaliación ambiental do proxecto de construcción da variante do trazado da estrada C-541, conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela.

Adxudicatario: Proyfe S.L.

Orzamento: 13.395.063 ptas.

Asistencia técnica para as expropiacións da obra de acondicionamento da estrada AC-101. Treito: Ortigueira-As Pontes de García Rodríguez. Fase I.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 2.879.514 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada LU-VP/111 N-640 (Rozas), N-634 (Abadín). Treito: LU-121 Momán, N-634 Abadín.

Adxudicatario: G.O.C. S.A.

Orzamento: 9.571.660 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada AC-301 Padrón-Augasantas-Noia. Treito: Padrón-Augasantas e Augasantas-Noia.

Adxudicatario: Ciesa.

Orzamento: 18.066.537 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia, incluída coordinación, de seguridade e saúde da obra: Acondicionamento da estrada PO-254. Treito: Ponteareas-Mondariz.

Adxudicatario: Eptisa.

Orzamento: 7.946.000 ptas.

Asistencia técnica para a realización de labores de coordinación de seguridade e saúde de catro obras de clave: N/LU/91.10, N/OU/95.1, N/LU/95.2, N/LU/95.3.

Adxudicatario: Darzal Consultoría y Prevención S.L.

Orzamento: 9.359.376 ptas.

Asistencia técnica para as expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-351 Couso-Tomiño. Treito: Couso-Tomiño.

Adxudicatario: Topografía y Servicios S.L.

Orzamento: 5.400.539 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da variante de Vilalba.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 7.042.299 ptas.

Asistencia técnica para as expropiacións do acondicionamento da estrada PO-250 Redondela-Fornelos. Treito: Redondela-Pazos de Borbén.

Adxudicatario: G.O.C. S.A.

Orzamento: 2.376.014 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para ós efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda