Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sestelo y Cia, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. a C.T. Froiz na avda. Fernández de la Mora, esq. estr. N-120.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor de sección de 95 mm, desde un apoio de formigón ó lado do pavillón deportivo de Ponteareas, da L.M.T. Ponteareas-Ascensión ata o C.T. Froiz na avda. Fernández de la Mora, esq. estr. N-120, concello de Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 8 de maio de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra