Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.837

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 2 de outubro de 2000 pola que se dispón o nomeamento dun vocal do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Coa finalidade de nomear un dos vocais do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia en representación desta consellería e de conformidade co disposto no artigo 7.2º d) da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (Inega),

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear a Carlos Gómez Martínez vocal no Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia en representación da Consellería de Industria e Comercio.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio