Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.837

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000 relativa ó nomeamento dun membro do Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

O Pleno do Parlamento, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 2000, e co quórum de dous tercios previstos no artigo 4º, punto 1º, da Lei 9/1984, do 11 de xullo, acordou elixir como membro do Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, a seguinte persoa:

-Obelleiro Piñón, Manuel Luis.

O que se publica para xeral coñecemento, e para os efectos establecidos nos artigos 65 e concordantes do regulamento da cámara.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

José María García Leira

Presidente